Dando continuidade ó noso PDI Galicia Ancestral, toca celebrar o renacer da natureza.
Este día simboliza que medio inverno vai fora, e tamén o día no que os paxariños casan, un recordo de que a primavera está cada vez máis preto.
Todos os nenos e nenas fomos ao campo para sentir a enerxía da Terra, respirar aire fresco e conectarnos coas nosas traicións máis ancestrais. Aproveitando dito paseo os nenos e nenas prepararon previamente nas aulas uns atadiños de comida para deixarlle ós paxariños no seu hábitat natural.
https://www.instagram.com/p/DF8C8i2tNJ1/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
No hay comentarios:
Publicar un comentario