jueves, 20 de febrero de 2025
jueves, 13 de febrero de 2025
Os Libros da Titiriteira
📚🎭 Este pasado luns 10 de febreiro, as nenas e nenos de infantil gozaron dunha obra de teatro na nosa biblioteca escolar.
A través de "Os Libros da Titiriteira", quixemos transmitir a
importancia de fomentar desde pequenos o gusto e o interese pola lectura.
A narradora de "A Xanela do Maxín" que nos acompañou foi xenial! Fixo
que os pequenos e pequenas se sentiran súper cómodos, permitindo que tocasen
todo, interactuaran e, sobre todo, gozaran ao máximo da experiencia.
Non se tratou dun espectáculo de títeres común nin dun contacontos habitual,
senón que mesturou ambos conceptos para dar vida a grandes libros cheos de
pequenas historias onde todo é posible. 🧸📖
Unha actividade que sen dúbida axuda a cultivar a imaxinación e a conexión co
marabilloso mundo dos libros.
CANDELORIA E IMBOLC
Dando continuidade ó noso PDI Galicia Ancestral, toca celebrar o renacer da natureza.
Este día simboliza que medio inverno vai fora, e tamén o día no que os paxariños casan, un recordo de que a primavera está cada vez máis preto.
Todos os nenos e nenas fomos ao campo para sentir a enerxía da Terra, respirar aire fresco e conectarnos coas nosas traicións máis ancestrais. Aproveitando dito paseo os nenos e nenas prepararon previamente nas aulas uns atadiños de comida para deixarlle ós paxariños no seu hábitat natural.
https://www.instagram.com/p/DF8C8i2tNJ1/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Julen
Seguimos pola andaina de coñecer a nosa Galicia máis Ancestral. Seguindo co noso PDI, desta ocasión, toca celebrar o Julen, que simboliza o momento de maior escuridade de todo o ano, no cal se rinde homenaxe ó Deus masculino ou Deus Sol, representado por un animal astado coa intención de facer un chamamento á luz, xa que a partir de 21 de decembro os días comezan a medrar, comumente coñecido como o Solsticio de inverno (JULEN)