miércoles, 28 de septiembre de 2016

NOVIDADE!!! SE TI LES, EL LE. RECUNCHO DOS PAIS. ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN.

NOVIDADE!! ESTE ANO CREAMOS UN RECUNCHO DE LIBROS NA ENTRADA DO COLEXIO DESTINADO ÓS PAIS. AS TEMÁTICAS SON VARIADAS: DENDE LIBROS DE PSICOLOXÍA INFANTIL ATA NOVELAS. ANIMÁMOSVOS A FACER O VOSO CARNET DE BIBLIOTECA. ESPERAMOS IR AUMENTANDO OS VOLUMES E VÓS PODEDES COLABORAR SUXERINDO TÍTULOS: MEDIANTE NOTAS ENVIADAS POLOS NENOS, NO MESMO RECUNCHO, NO APARTADO DE SUXERENCIAS OU MESMO DIRECTAMENTE FALANDO CON IVÁN. 



LAS ARTES SON POESIAS QUE SALEN DE LOS LIBROS


XA TEMOS COLGADA A FRASE CABECEIRA DA NOSA BIBLIOTECA PARA ESTE CURSO. ESTÁ RELACIONADA CO TEMA PRINCIPAL QUE IMOS TRATAR ESTE ANO "AS ARTES"









XA TEMOS ABERTA A NOSA BIBLIOCOVA!!

DENDE O PASADO DIA 19 DE SETEMBRO XA TEMOS ABERTA A NOSA BIBLIOTECA. TODOS PODEDES FACER USO DELA: ALUMNOS, PAIS, PROFES, EXALUMNOS.... QUE TEÑADES UN BO CURSO 2016-2017!!

jueves, 28 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR!!

O xoves 28 de Abril celebramos o APADRIÑAMENTO LECTOR. Os maiores do noso cole apadriñaron ós máis pequerrechos léndolles un conto. Os maiores, ó mesmo tempo, fixeron de investigadores, xa que con unha pista (parte dun puzzle relacionado cos transportes) tiñan que encontrar ó seu apadriñado.
Cada neno tamén escribiu na nosa pizarra educativa o nome do personaxe favorito dun libro.






martes, 1 de marzo de 2016

TEATRO NA BIBLIOCOVA!! A SEMANA CULTURAL: TRINKE-TRINKE

O Luns,9 de Maio teremos actuación na Bibiocova do coñecido grupo teatral Trinke-Trinke. Vannos a representar a todo o alumnado do cole a obra "Querida Ovella Negra".  


jueves, 4 de febrero de 2016

COMEZA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS PARA TERCEIRO CICLO

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.