jueves, 4 de febrero de 2016

COMEZA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS PARA TERCEIRO CICLO

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario