jueves, 7 de mayo de 2020

Día 07 de Maio: día 35 da escola na casa

Hoxe temos para vós unha proposta para poder xogar cun TANGRAN. Pode ser que nalgunha casa poida haber algún tangran comprado. Si é así collédeo porque imos propor diferentes figuras para facer.

Se non tedes o tangran, picade no vídeo, é moi fácil.


Agora que xa temos o tangram a facer figuras. Pica na imaxe.


https://www.imageneseducativas.com/tangram-figuras-para-imprimir-plantillas-incluidas/


miércoles, 6 de mayo de 2020

Cociña: Galletas Arcoiris

 PEQUENOS CHEFFS

Hoxe temos unha actividade moi doce!, ide collendo o azucre!

Dende a biblioteca estamos a propor unha creatividade que lle gusta a grandes e pequenos. 

HOXE IMOS COCIÑAR


Coma complemento ao vídeo temos a RECEITA. Preme aquí.

martes, 5 de mayo de 2020

REVISTA "O PAPAGAIO"


Ola, vimos de recibir a revista de O PAPAGAIO do mes de maio. Aquí vola deixamos esperamos que coma sempre, este mes está chea de moitísimas cousas interesantísimas.

Algunha vez pasou pola túa mente: ¿Por qué cantan as aves? Pois esta revista responde a esta pregunta. E outras máis.

Non  deixedes de botar un ollo!!!.
Preme na imaxe

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857



Recomendacións lectoras 3º de EP

Recomendacións lectoras 3º de EP

Os nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria e a súa titora queren presentar uns libros que leron e desfrutaron. Unhas estupendas recomendacións duns marabillosos libros.  Escoita atentamente, segúro que algún destes libros pode ser o teu próximo libro.

Moitas grazas a todos e todas polas vosas lecturas.

Preme na imaxe
https://drive.google.com/file/d/1zJ9HzWr8zGV5JPIkucOkALe2vfGVqbVH/view?usp=sharing

Escola na casa

CREATIVIDADE NA CASA

En pasadas semanas falábamos e suxeríamos dende este blogue diferentes xeitos de crear libros: libro lupa, libro acordeón... E pedíamos que, as diferentes iniciativas, chegasen á biblioteca para ser publicadas.

Pois aquí temos unha creatividade na que participan nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e incluso algún mestre. Estes alumnos e alumnas crearon diferentes portadas de libros aproveitando que estaban a traballar no proxecto de "Os teitos do mundo".

Esperamos que vos guste. Moitas grazas pola vosa participación



sábado, 2 de mayo de 2020

Recomendacións lectoras 4º de EP

Recomendacións lectoras 4º de EP

Un grupo de nenos e nenas da aula do 4º curso de Educación Primaria e a súa titora queren recomendar uns libros que leron e desfrutaron. Presta moita atención as súas recomendacións e escolle o teu próximo libro.

Moitas grazas a todos e todas polas vosas lecturas.


2 de Maio: DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

2 de Maio

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Dende o ano 2011, o 2 de mayo celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, o obxectivo deste día é concienciar sobre o risco do acoso escolar que sofren nenos, nenas e xóvenes a nivel mundial. 

Neste día, a mestra Miriam quere falar dun libro marabilloso que fala dun neno que non é coma sempre, xa que perdeu o seu poder. Escoitade a recomendación que nos fai Miriam. Ela fala do poder deste neno.

Despois non deixedes de ver o corto titulado Lou. É impresionante. Esperamos que vos guste.



Cortametraxe LOU