jueves, 16 de abril de 2020

A prensa na escola

Os xornais e a prensa en xeral é un estupendo medio para estar informado do que acontece ao noso redor, na nosa contorna...

Tamén coñecemos o que vos gusta ler e consultar os periódicos que chegan diariamente ao cole. Por ese motivo queremos deixar este enlace que vos da acceso a noticias e información que pode ser do voso interese.  Preme na imaxe.

https://www.prensaescuela.es/

Día 16 de Abril: Día 22 do COLE NA CASA.

Bos días nenas e nenos! Hoxe traemos ao blogue a banda deseñada. Na seguinte ligazón temos un vídeo onde podedes aprender a debuxar personaxes de cómic! Esperamos que vos guste e se queredes...xa sabedes que podedes compartir con nós as vosas creacións.







miércoles, 15 de abril de 2020

Día 15 de Abril: Día 21 do COLE NA CASA.


Hoxe temos un día...de cine!!Se picades na ligazón poderedes ver unha famosa e emocionante curtametraxe sobre a amizade. Seguro que vos gusta tanto como a nós!




martes, 14 de abril de 2020

Día 14 de Abril: Día 20 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Aquí estamos de volta. Desexamos que esteades todos e todas ben.

Hoxe vimos por aquí a deixar voar a nosa imaxinación! Atrevédesvos a inventar libros? Propoñémosvos crear algunha que outra portada con este taller tan divertido que nos ofrecen desde Blackie Books.
Na seguinte ligazón tedes unha imaxe na que hai uns libros cuns títulos un pouco estraños, e outros aos que seredes vos os que lles poñades título e portada.



Podedes imprimilo ou facelo en calquera folla que teñades pola casa. Estamos desexando ver as vosas creacións! Animádevos a mandar unha foto a omestrejose@gmail.com para que a publiquemos no blogue!



No seguinte enlace tedes unha explicación máis completa da actividade con algún exemplo.

jueves, 2 de abril de 2020

Día 3 de Abril: Día 19 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Chegou o venres e con el as vacacións de semana santa. Desde a cova do lobo Seitodo queremos deixar algunhas propostas moi divertidas que podedes realizar na casa estes días de vacacións. Receitas, decoración de ovos de pascua, recortables, xogos...unha chea de cousas divertidas para desfrutar nestas vacacións!



Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Día do autismo

Hoxe é o día mundial do autismo. Para facer unha pequena conmemoración a este día e darlle presenza nas nosas casas achegándonos un pouquiño máis a esta realidade, deixámosvos dúas actividades que cremos que vos van gustar. 







Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Se premes na imaxe de abaixo poderás ver diferentes libros que poderás escoller cal é a lectura que máis che interesa.

Se lembrades, nas clases, os mestres, vos falamos das diferentes linguas do territorio español. Castelán, que é a lingua común de todo o territorio español, o Catalán falado en Cataluña,  o Euskera, lingua falada no País Vasco e, claro está, a nosa amada lingua, O Galego.

Pois tamén hai outros xeitos de comunicarse chamados dialectos. Un destes dialectos é o bable, falado no Principado de Asturias.
Na biblioteca que se abre ao picar na imaxe atoparás algún libro escrito en bable. Verás que ten un gran parecido co galego.

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj
#yomequedoencasaleyendo