martes, 29 de abril de 2014

Apadriñamento Lector

Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, fixemos no colexio un "Apadriñamento Lector". Seguindo o Proxecto Anual Integrado sobre "O Universo", cada padriño levaba unha nave espacial co nome do seu afillado e cada afillado un astronauta co seu propio nome. Cada padriño foi a buscar ao seu afillado e deixounos momentos como estes:





viernes, 14 de febrero de 2014

UNHA PEQUENA HISTORIA....

Entre as diversas actividades que estamos a realizar na biblioteca, queremos destacar a que comenzamos esta semana:  As lecturas dos nenos de 6º de Primaria, aos nenos máis pequenos do cole, aos nenos de Educación Infantil. Os primeiros en ler a estos pequenos espectadores foron, Iker e Rubén. Pequenos e grandes quedaron encantados coa experiencia.
Velaí unha pequena mostra:




lunes, 2 de diciembre de 2013

HISTORIAS DE CASTAÑAS

O  día 8 de Novembro, celebramos o Magosto no cole, e dende a biblioteca tamén quixemos aportar o noso grao de area nesta celebración.
Co gallo desta festividade os máis pequenos pintaron cogumelos, fixeron unha grenlla con castañas e mesmo se debuxaron no outono e, os máis grandes, fixeron contos sobre as castañas.
Vela aquí están os resultados:


                                    GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!

jueves, 24 de octubre de 2013

...E DE NOVO O SAMAÍN...




AO LONGO DA SEMANA DO SAMAÍN, DURANTE O RECREO DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA, PROXECTARASE A PELÍCULA ´´FRANKENWEENIE´´.





AGARDÁMOSVOS…



viernes, 11 de octubre de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA!


E estamos os novos pequenos que empezan a escola, os pequenos que cada vez son máis grandes, os novos e os vellos amigos, novos profes e os profes de sempre...que ledicia ver a biblioteca chea de bulicio de novo.
Dende a biblioteca comezamos de novo unha viaxe, esta vez dun xeito moi especial... dende a alba ao solpor...esperamos que nos acompañedes nela!

OS NOVOS COLABORADORES



OS MÁIS PEQUENOS CO NOVO CARNÉ

viernes, 17 de mayo de 2013

O Touporroutou da lúa e do sol.

A mellor maneira de achegarnos á obra de Roberto Vidal Bolaño foi coñecendo unha parte dunha das súas comedias máis populares: o "Touporroutou da lúa e do sol", a cal estivo exposta durante toda a semana na biblioteca.


Ademáis, tódolos alumnos/as foron obsequiados cunha reproducción da peza acompañada de personaxes xenéricos: o sol para os nenos e a lúa para as nenas.


martes, 7 de mayo de 2013

Mes das letras.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), escritor e actor de teatro. A súa producción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, ademáis da súa experimentación estética e o seu diálogo coa tradición.
Se queredes coñecer máis aspectos da súa vida e obra, nestes enlaces atoparedes toda a información necesaria.
Comezamos cunha presentación realizada pola biblioteca do IES Ribeira do Louro - O Porriño:




Continuamos con outro video introductorio elaborado por Quini Freixeiro, mestre do CEIP Conde de Fenosa: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/vidal_bolanho/index.html

Ademáis, o CEP de Cespón elaborou unha webquest sobre o homenaxeado: http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/40939

A súa vez, o grupo de traballo do CEIP ADR Castelao (Rianxo) participou no deseño e elaboración da proposta gañadora do concurso - exposición das Letras Galegas 2013. Ofrécennos unha interesante selección de actividades e recursos online. Pinchade aquí para acceder a ela.