Cada semana os alumnos de 5º e 6º dedicanlle unha hora ao traballo na Biblioteca, nela realízanse actividades diversas: Participación no concurso da ONCE
Contos azuis é o libro que nos propón Cabeza Quiles, é un libro con fondas raíces na nosa terra, nas lendas e nas supersticións que todos coñecemos. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria están rematando esta lectura que logo continuarán os nenos e nenas de 5º.