Ola!
Deixámosvos algunhas recomendacións para ler durante as vacacións.
O lema do Concello de Coristanco é "Nin unha cadeira baileira máis" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
5º e 6º de Educación Primaria foron a Usos múltiples no Concello de Coristanco e leron o seu manifesto en contra das violencias de xénero.
https://www.instagram.com/reel/C0EPsfwsU2h/?utm_source=ig_web_copy_link&igshid=MzRlODBiNWFlZA==
Deixámos aquí un vídeo do acto.
Bo día a todos e a todas, somos o alumnado de 5º e 6º do CEIP Bormoio-Agualada e vimos en representación do noso centro a ler o noso manifesto contra a violencia de xénero para conmemorar o 25N, “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”.
No noso país son moitas as mulleres que sofren e sufriron danos físicos e psicolóxicos. Por iso, en este acto queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas formas, xa que é unha das manifestacións de violencia máis extendida no mundo.
Deste xeito, como futuras xeracións comprometémonos e gustaríanos:
-Recibir formación na nosa etapa educativa sobre a violencia de xénero.
-Apoiar e proporcionar axuda a calquera persoa que se atope nunha situación de violencia de xénero.
-Opoñernos a toda clase de violencia.
-Defender e respectar os dereitos humanos.
-Ter un comportamento que non incite ao odio nin á violencia.
-Solidarizarnos coas mulleres que padecen malos tratos.
Durante esta semana estivemos realizando no colexio distintas actividades para traballar e concienciarnos sobre a necesidade de eliminar a violencia de xénero ademais de cómo nós podemos contribuir a este fin, ainda que a mellor aprendizaxe que levamos é que para conseguir isto necesitamos amosar unha actitude de respecto e igualdade no noso día a día, non só en datas concretas, xa que desta forma máis que solucionar un problema, conseguiremos previlo e evitar que suceda.
Gustaríanos dar as grazas ás mulleres que loitan día a día polos seus dereitos e por dar visibilidade a situacións de violencia das que son víctimas, xa que grazas á súa valentía nós teremos un futuro mellor.
Para rematar, dicir que xa que para que a eliminación da violencia de xénero é necesaria a colaboración de toda a sociedade, queremos despedirnos cas palabras que os nosos compañeiros dos demais cursos do noso colexio lles queren adicar ás mulleres que foron e son víctimas de violencia de xénero. Agarimo, liberdade, respecto, quérote, aperta, amor.
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, aquí deixamos unhas cantas recomendacións lectoras. Algúns dos títulos que podedes atopar son "Artur e Clementina", de Adela Turin, "Pioneiras", de Anaír Rodriguez ou "Todos deberíamos ser feministas" de Chimanda Ngozi Adichie.
Tamén se levou a cabo un concurso de debuxos e relatos terroríficos.
En canto aos gañadores dos relatos foron: Sabela (4º) e Xabi (6º)
Ditos relatos serán publicados dentro de pouco, estade atentos!!!!!! Dan moito medo!!!!
E aquí unha foto dos agasallados:
Parabéns e grazas polo voso traballo!!!
E aquí vimos coa resolución do concurso de cabazas. Moitos o estábades esperando, despois da exposición de cabazas tan chula que tivemos no cole. Agradecemos moito a participación das familias que viñeron votar.
Tras facer o reconto dos votos da comunidade educativa na exposición de cabazas, estes son os gañadores:
- A cabaza máis ecolóxica é para... NOA COLLAZO (3º Primaria)
De novo moitísimas gracias pola colaboración, polas cabazas e pola votación. O próximo ano, esperamos outras cabazas igual de chulas!
Bo día! Hoxe traemos por aquí os gañadores do concurso de disfraces! Seguro que tiñades ganas de velos por aquí, así que ahí van...
Como sabedes, escollemos un disfraz de cada clase para ser o gañador, tendo en conta sobretodo as cousas que foron feitas na casa e o resultado do disfraz. E aquí van os nosos gañadores.
Da clase de infantil, a gañadora foi.... NEREA LISTA, co seu disfraz de momia!
Da clase de 1º e 2º de Primaria o gañador foi... ELOI PENSADO, co seu disfraz de pallaso asasino!
De 3º e 4º de Primaria gañou.... NAHUEL PÉREZ, disfrazado de morto vivinte, con corazón colgando e todo!
E de 5º e 6º de Primaria a gañadora foi.... ALBA CERQUEIRO, disfrazada de bruxa.
Pero iso non foi todo, xa que tamén houbo premio para a profe mellor disfrazada, que foi LOLY, a titora de 3º e 4º, disfrazada de Catrina chulísima!
Gracias a todos por participar e desfrutar connosco do Samaín!