A partir desta semana xa podedes vir á biblio nos recreos para ler, xogar e moitas cousas máis. Ademais haberá sempre encargados e encargadas para axudarvos con todo o que precisedes. Animádevos!

A partir desta semana xa podedes vir á biblio nos recreos para ler, xogar e moitas cousas máis. Ademais haberá sempre encargados e encargadas para axudarvos con todo o que precisedes. Animádevos!


Aproveitando que hoxe, 5 de xuño, é o día Mundial do Medio Ambiente, fixemos un obradoiro de percusión con materiais de refugallo. Nel participamos todos os cursos.
Con Edgar traballamos o pulso, un pouco de técnica, a imitación de patróns rítmicos... e ata conseguimos tocar todos e todas xuntos/as un ritmo moi chulo con diferentes partes.
Encantounos a actividade!!
Para rematar cos produtos finais, temos un extra co que seguro non contábades. O profe de inglés quíxose sumar ao noso PDI, e para iso fixo, en colaboración co alumnado, un traballo sobre o Reggae, estilo de música típica en inglés. Aquí o tedes! Nel fala dalgúns aspectos típicos da música do Reggae, ademais de incluir algunha explicación sobre o mesmo e un QR cunha canción deste estilo. Gústavos?
Gracias a todos pola implicación e a participación nos traballos. Seguiremos, sempre, indo coa música a todas partes.
Continuamos cos traballos realizados polos maiores do cole para finalizar este proxecto! Eles escolleron, de entre todas as posibilidades, a ópera, a música tradicional galega, e máis o rock, seguindo coa súa temática de disfraz de entroido tamén. Imos velos!
No seu traballo sobre o rock fálannos do que é o rock, os instrumentos máis comunes, cunha explicación sobre eles, e inclúen información tamén sobre algúns dos grupos máis relevantes na historia do rock. Ademais podedes ver un código QR cunha canción de The beatles, que seguro a coñecedes!
Se nos fixamos na música tradicional galega, sen duda danos moita información sobre ela. Fálanos do que é, dos instrumentos, do tipo de música, e incluso un pouco sobre a súa historia. Sabíades que durante o franquismo a música tradicional galega tivo que ser transformada? Ademais, inclúen unha muiñeira!
Finalmente, no seu traballo sobre a ópera, podemos ler moita información sobre ela e os seus elementos. Dende unha descrición, a vestimenta dos compositores, óperas famosas, compositores... Ademais de, por suposto, falarnos dalgúns instrumentos típicos. No QR poderedes escoitar unha ópera que seguro que vos sona de algo!
Continuando agora xa cos maiores, os nenos e nenas de 4º e 5º tamén aportaron o seu granito de arena aos estilos musicais, facendo uns traballos moi completos sobre o K-POP, o rap e a música clásica. Imos ver os seus marabillosos traballos!
Por unha banda, temos o traballo sobre a música clásica. Nel podemos aprender que é a música clásica, e ademais que os artistas dese estilo de música non se chaman tal, senón compositores. Ademais, inclúen fotos de instrumentos utilizados neste estilo musical, así como fotos dalgúns compositores. No QR que inclúen podemos escoitar unha sinfonía!
No traballo do rap fálannos de cousas moi interesantes, porque ademais de contarnos o que é, e falarnos dalgúns artistas raperos, tamén nos deixaron un QR con algúns dos raps máis rápidos do mundo! É incrible, pero o que é aínda mellor, é o rap que inventaron estes nenos e nenas! Super creativos!
Finalmente, fixeron tamén un traballo sobre o K-POP, que seguro que moitos nin coñecíades. Neste traballo fálannos do que é este xénero musical, e de dous grupos de cantantes, engadindo tamén dous códigos con cancións para que poidamos bichear. Que interesante.
Seguimos cos produtos finais das nosas clases, e para iso empezamos cos máis pequenos de Educación Primaria, os nenos e nenas de 1º/2º/3º. Eles escolleron facer tres grupos e traballar sobre tres estilos de música moi diferentes, e algo descoñecidos, pero moi chulos: escolleron o country, o jazz e mais o funk.
No seu traballo sobre o funk explicaron un pouquiño que é ese estilo musical, e ademais fálannos tamén sobre algúns dos instrumentos musicais máis utilizados e algúns artistas moi importantes para o estilo de música. Ademais, engaden un QR cunha canción que, de seguro, coñecedes todos, moi chula!
Respecto ao jazz, a estrutura do traballo é moi semellante, falando sobre o que é este estilo musical, destacando aqueles instrumentos máis utilizados e algúns dos músicos do jazz máis coñecidos. Engaden tamén un QR no que podemos ver a Lisa Simpson, gran artista de jazz dos debuxos animados.
E por último, fixeron tamén un traballo sobre o country, outro estilo de música pouco coñecido pero moi chulo. Descubriron sobre el tamén os instrumentos e algún artista importante, e descubriron tamén unha canción en castelán moi chula! Seguro que tamén vos gusta a vós, moitos a coñeceredes.