jueves, 25 de mayo de 2023

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS (II)

Bo día, para continuar coa celebración do Día Letras Galegas, tivemos o pracer de ter esta semana no noso centro...a Manuela Varela!

Fixo de contacontos, para explicarnos a historia de Francisco Fernández del Riego, autor conmemorado este ano, en forma de conto.

Que divertido coñecer a vida e historia de Don Paco!







miércoles, 24 de mayo de 2023

AVALIACIÓN BIBLIOTECA

 Boas! Como cada curso, achégase ao final, e para iso dende a biblioteca necesitamos saber qué tal o fixemos, se vos gustan as cousas novas da biblioteca, que credes que hai que mellorar... 

Para iso deixamos por aquí os cuestionarios para cubrir polo alumnado e polas familias. Moitas gracias pola participación! Todas as respostas axúdannos a mellorar!

Cuestionario para alumnado

Cuestionario para familias

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día a todas e todos!

A pasada semana, por mor da celebración da Semana das Letras Galegas, recibimos a visita do gran Mago Teto. 

Os nenos e nenas de educación infantil quedaron coa boca aberta cos incribles trucos que fixo... 



... e os nenos/as máis maiores achegáronse aos  autores homenaxeados nas letras galegas ao longo dos anos, mediante a maxia. 




Pasámolo xenial co Mago Teto!! Pero a celebración deste día aínda non rematara...


lunes, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Bo día. O pasado venres 24 de abril, continuamos coa celebraciṕn da semana do libro cunha gymkana. A GYMKANA DO LIBRO!

Consistiu nunha serie de probas moi divertidas que cada grupo tiña que pasar para conseguir unha das seis pistas que precisaban para chegar a atopar o libro da biblioteca que lle correspondía. As probas eran as seguintes:

O teléfono estropeado

Revivimos o clásico teléfono estropeado con nenos de todas as idades e por suposto, o teléfono estivo moi escacharrado, saíron frases moi graciosas!

Letras humanas

Cada grupo formou palabras empregando tan só o seu corpo! Tiñan que participar todos e todas e poder leelo!









Quen é quen?

Un membro do grupo cunha diadema coa súa personaxe facendo preguntas para adiviñalo, o resto? respondendo tan só si ou non. Pasárono moi ben!

Aforcado de contos

Xogaron ao aforcado pero con contos! Participaron desde os máis pequenos ata os máis maiores.

Cadena cooperativa

Tiñan que levar uns obxectos dun lado a outro. Non se podían mover con eles na man. Non podían lanzar. Entón? Eles pensaron a estratexia e todos e todas cooperaron!

Entrena a memoria

1 minuto para mirar e 20 obxectos que memorizar. Foron capaces de recordar polo menos 18 deles? Adiantámosvos que si!



Todos os grupos conseguiron completar a gymkana a tempo e atopar e seu libro! Reto conseguido! Por iso, recibiron uns regalos polo seu gran esforzo!


Adxuntamos os libros da nosa biblio seleccionados para a actividade. Un saúdo!



lunes, 20 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Bo día! O 11 de febreiro celebramos no noso cole un día moi importante, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para iso, nas clases e na biblioteca do cole fixemos unha actividade na que tivemos que buscar información, por grupos, sobre diversas mulleres científicas que foron importantes na historia. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes traballando. Participamos dende os nenos e nenas de infantil, ata os maiores de primaria.





Cos traballos elaborados creamos un mural de mulleres científicas no corredor do cole, que quedou así de ben! Desta forma coñecemos a labor de moitas mulleres e compartimos o traballo do resto dos compañeiros e compañeiras. Esperamos que vos guste!



Que teñades unha boa semana!

martes, 14 de marzo de 2023

Entroido

Boas de novo! Como sabedes, celebramos o ENTROIDO no cole! Este ano chegou cargado de cousas divertidas e moita ilusión. 

Comezamos a semana cos mandados do Meco... o noso Meco este ano mandounos cousas super divertidas! Un día algo na cabeza, outro día a cara pintada... e o mércores ata puxemos o pijama para vir ao cole! Ademais, o xoves puidemos aproveitar os disfraces libres e o venres...entroido!

O día máis especial foi, sen duda, o venres. Pola mañá tivemos unha excursión, moi interesante, ao Ecomuseo de Buño, onde aprendimos un montón de cousas dos Oleiros e aprendimos a traballar co barro. Pero o mellor aínda estaba por chegar. 


Seguindo coa temática do noso PDI, e gracias ás mamás e papás da AMPA do noso cole, cada clase tivo un disfraz personalizado e relacionado coa música. 

Os nenos e nenas de infantil foron disfrazados de pentagramas. 


En primeiro, segundo e terceiro tiveron disfraces de xilófonos.


Cuarto e quinto ían disfrazados de cantantes dos anos 80, a todo color!

E, por último, os maiores de sexto disfrazáronse de rockeros.

E así, cos disfraces feitos polas nais, e preparados para pasalo ben, fomos pasear por Agualada acompañados por moitas das familias e facendo moito moito ruido, coa axuda de protección civil de Coristanco e todo. Ata tivemos unha parada na plaza para xogar un pouco e sacar unhas fotos antes de volver ao cole. Un Entroido moi divertido!



Día da muller no noso cole!

Como sabedes, o pasado 8M conmemoramos o día da muller, e sendo un día tan importante non podíamos deixar de conmemoralo cunha actividade no centro, aproveitando o noso PDI.

Partindo da música, dende cada titoría os nenos e nenas encargáronse de buscar cancións de cantantes mulleres (ata aquí fácil) pero sen colaboración con ningún home e, o máis difícil, evitando letras relacionadas con homes, amor ou romanticismo. Que difícil foi!

Coas cantantes e as cancións escollidas, as clases fixemos unha pequena interpretación da mesma para decorar a porta da nosa biblio, que quedou así de chula. 

Despois os nenos e nenas do cole fomos coas tablets para poder ler os códigos e ver os vídeos do resto dos compis das diferentes clases. 



Deixámosvos tamén outras entradas no blogue cos códigos QR para que poidades escanealos, coa súa canción en youtube, para que podades escoitar as dúas versións das diferentes aulas! Esperamos que vos guste!