lunes, 28 de febrero de 2022

Semana de Entroido

 A semana pasada festexamos no noso centro, como non podía ser menos, a semana do Entroido. Unha semana chea de actividades especiais, e na que tivemos, coma todos os anos, ao noso Meco indicándonos os disfraces de cada día. 

Este ano os mandados do Meco foron relacionados co noso PDI do centro: os deportes olímpicos, e tamén foron acumulativos. Nas seguintes imaxes podedes ver os diferentes mandatos, foron súper divertidos, pasámolo de marabilla cumplíndoos!





Ademais, tivemos a sorte de que o último día o Meco deixounos disfrazar libremente, e fixemos unha ruta pola aldea para festexar o Entroido de Agualada con moita alegría. Bo entroido e, coma sempre, feliz lectura!

23 de febreiro - Día de Rosalía

 O pasado mércores 23 de febreiro festexamos no noso centro unha celebración que ten moita importancia para nós: o día da nosa querida Rosalía de Castro. 

Para celebralo, todas as aulas do cole implicámonos na realización de varias actividades. Ademais de traballar a figura de Rosalía de Castro nas aulas, o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria elaboraron un mural de Rosalía pintada ao estilo do famoso pintor Andy Warhol, o Pop Art. Tamén os maiores do cole traballaron a Rosalía e a súas obras, e elaboraron un mural con algúns dos seus poemas e obras máis coñecidas. 


Para rematar, organizaron tamén un recital de poesía, realizado polos nenos e nenas de quinto e de sexto de primaria, para todo o colexio. Encantounos escoitalos recitar os poemas de Rosalía, e fixérono xenial! Feliz lectura e feliz Día de Rosalía!






viernes, 18 de febrero de 2022

Lecturas compartidas

A pasada semana, o venres 11, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria organizou unha sesión de lecturas compartidas para os nenos e nenas da clase de 3 anos. 

Os compis máis pequenos do noso cole desfrutaron moito do conto "Lúa", contado por Sabela, Noa e Noel. Seguro que pronto desfrutaremos de moitas máis lecturas compartidas, porque tanto os espectadores como os contacontos quedamos encantados! Feliz lectura!



lunes, 14 de febrero de 2022

13 de febreiro - Dia Mundial da Radio

 Onte, domingo 13 de febreiro, celebrouse o día mundial da radio. E nos, dende a biblioteca do CEIP Bormoio-Agualada non queremos deixar de festexar este día tan importante ensinándovos a radio do noso cole. 


A radio da nosa biblio é un recurso super chulo que temos a oportunidade de experimentar. Grabar un programa de radio, ademais de moi interesante, tamén é unha actividade moi completa que axuda a desenvolver moitas competencias. Feliz día da radio e feliz lectura!



domingo, 13 de febrero de 2022

11 Febreiro - Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O pasado venres 11 de febreiro foi o día internacional da muller e a nena na ciencia, e dende a biblio do CEIP Bormoio-Agualada fixemos unha actividade moi chula para coñecer o papel de moitas mulleres importantes na historia. 

Para traballalo, escollimos algúns dos libros chulos que temos na nosa biblio, e que nos falan de mulleres importantes na historia, como "Las chicas son guerreras", "Las chicas son de ciencias", "Pioneiras" ou "100 mujeres que cambiaron el mundo", e buscamos neles información sobre quen eran e quen fixeron algúns nomes propios como Marie Curie, Hipatía de Alejandría o Ada Lovelace, entre outras. 

Nenos de todas as idades aprenderon un montón sobre todas estas mulleres importantes. Aquí vos deixamos algunhas mostras da actividade. Esperamos que vos guste. Feliz lectura!





lunes, 31 de enero de 2022

Día da Paz no CEIP Bormoio Agualada

Onte, 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz. Para traballalo, no CEIP Bormoio Agualada puxémonos mans á obra e fixemos un montón de actividades. 

Por unha parte, realizamos o mural "QUE CHOVA PAZ". Nel, todos os nenos e nenas do cole decoramos gotas de chuvia de diferentes tamaños con palabras e frases de paz, e quedou tan bonito como podedes ver na foto. É chulísimo!

Ademais, coa profe María decoramos o cole e fixemos uns murais moi bonitos coa pomba da paz, o símbolo da paz e a palabra paz en inglés. O resultado é moi chulo! E temos os corredores cheos de paz. 



Por último, traballamos o día da Paz dende o noso PDI: Os deportes olímpicos. Para iso, investigamos nos deportes que estamos a traballar cada clase diferentes xestos de deportividade e xogo limpo. O resultado é o "podcast" que tedes a continuación, onde amosamos todo o noso traballo. Esperamos que vos guste!


Feliz Día da Paz e feliz lectura!

martes, 21 de diciembre de 2021

Recomendacións de Nadal

 Bo día! Último día de cole antes das vacacións de Nadal, moita ilusión e moitos nervios. E dende a biblio traémosvos as recomendacións lectoras para este Nadal. Como sabedes, a lectura é algo moi importante e que nos acompaña sempre, e aquí tedes moitas historias desas que vos acompañarán moito tempo. 

Nesta guía de lectura podedes atopar diferentes títulos en castelán e en galego, así como un xogo de mesa, dirixidos ás diferentes edades: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos e lectores expertos. Esperemos que vos gusten moito estas recomendacións, non esquezades metelas nas vosas listas de reis! Feliz Nadal, feliz aninovo e feliz lectura!