martes, 26 de octubre de 2021

Día das bibliotecas

 Bo día! Seguimos coa celebración do Samaín, pero non nos olvidamos de que este domingo foi o día das bibliotecas, e para celebramo deixamos por aquí o cartel das bibliotecas escolares para este ano. 

Baixo o eslogan "A biblioteca escolar ten a palabra", deféndese que a biblioteca deberá ser quen teña a palabra dentro do centro escolar. 

A nosa biblioteca aínda está en formación, xa que estamos remodelándoa e deixándoa moi chula. Temos moitas ganas de ensinárvola, pero aínda ten que esperar un pouquiño máis. Feliz día das bibliotecas e feliz lectura!

lunes, 25 de octubre de 2021

Celebrando Samaín

 Hoxe, 25 de outubro, comezamos a celebración da semana do Samaín! Nesta semana chea de actividades, celebracións e propostas pasarémolo xenial. 

Comezamos hoxe, luns, traendo algo terrorífico na cabeza e mostrando parte da nosa decoración. Nesta foto podedes ver un dos murais do cole e as propostas de "lecturas terroríficas" da nosa biblio. 

Ademais, recordavos que hoxe remata tamén o concurso de relatos terroríficos, pronto saberemos os gañadores!

E non olvidedes de traer a vosa cabaza preparada para a exposición. As mellores cabazas levarán premio: a máis terrorífica, a máis orixinal... 

O lobo Seitodo está preparado para pasar moooito medo. Feliz Samaín!

lunes, 14 de junio de 2021

Este verán podemos ler...

 


Encontro virtual con Ledicia Costas

 Hoxe tivemos o placer de coñecer ¨virtualmente¨ a Ledicia Costas, mil grazas Ledicia pola túa amabilidade e o entusiasmo co que falas aos máis pequenos. Eles estiveron moi atentos e divertidos nas preguntas. 















lunes, 10 de mayo de 2021

Enquisa funcionamento da biblioteca escolar 2020/2021

Co obxectivo de continuar mellorando no noso traballo e o funcionamento da biblioteca escolar pregámosvos a que cubrades a seguinte enquisa. 



 Moitas grazas pola colaboración.