miércoles, 24 de febrero de 2021
Día de Rosalía
Hoxe no día de Rosalía temos a seguinte proposta de actividade:
Códigos QR ao longo de toda a biblio creativa para coñecer sobre a autora, quen era, como era a súa familia, os seus amigos e amigas, as súas obras, os seus poemas e para finalizar un espectacular genialy.
lunes, 22 de febrero de 2021
Familias de conto I
Seguimos recibindo os vosos vídeos, Sabela de 1º e a súa mamá cóntannos o conto "Paco".
A mamá de Isaac de 4º de Educación Infantil tamén se animou a contarnos unha historia.
viernes, 19 de febrero de 2021
Día da Radio
O 19 de febreiro é o día da Radio.
No noso cole por fin temos a nosa radio en funcionamento. Levaba xa anos con nós, xa que é unha gran herdanza de anos anteriores e agora xa a temos lista para gravar programas. O primeiro deles, está a piques de estrearse.
jueves, 18 de febrero de 2021
Familias de conto
sábado, 13 de febrero de 2021
ENTROIDO 2021
Este ano a temática do entroido xira arredor do PDI: Descubrindo Agualada. Cada unha das clases foi disfrazados do tema das investigacións que están a realizar.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.