Hoxe vos deixamos unha historia titulada Un Xabi de Chocolate. Nesta historia o protagonista chámase Xabi pero podería ter calquera outro nome de calquera outro neno que lle guste o chocolate. De xeito enfádase moito cando non lle deixan comelo. Preme na imaxe e coñecerás toda a historia de Xabi.
Se premes na seguinte imaxe hai alguén que che vai contar contos. Desfrutádeos!!!
Día 31 de Marzo: Día 16 do COLE NA CASA.
-Coronavirus...que será iso? pensa o protagonista da nosa historia de hoxe.
Estes días son diferentes para todos, en especial para os máis pequenos. Hoxe traémosvos un CONTO FERMOSÍSIMO no que o seu protagonista conta o que esta a vivir estes días e faise un montón de preguntas.
As familias poderedes ver o que está a pasar desde a visión dun neno e vos, os nenos e nenas, podedes ver como pasa estes días de corentena. Fará as mesmas cousas ca vos? Picade no enlace e ímolo descubrir...
Levamos dúas semanas de confinamento nas nosas casas. Son momentos diferentes nos que temos que vivir dun xeito diferente. Pero sabemos que poñendo todos da nosa parte pronto volveremos á normalidade.
Pero esta situación ás veces fai que as nosas emocións anden un pouco revolucionadas.
Aquí vos deixamos un vídeo no que podemos ver a dous personaxes que representan cousas tan diferentes coma o día e a noite. Amosan os seus mellores e peores sentimentos. Pero teñen que reflexionar e ver que ao final son iguais.
Desfrutádeo!!!
sábado, 28 de marzo de 2020
Día 29 de Marzo: Día 14 do COLE NA CASA.
Hoxe facemos, dende a nosa biblio, unha dedicatoria especial para os nenos e nenas máis pequenos do noso centro. Temos un grupo de contos que poden ser lidos en familia. As historias son estupendas e estamos moi seguros de que os ides desfrutar. Picade na imaxe.
Tamén temos outros títulos para ler polos nenos algo maiores na páxina de Anaya, temos varias historias ás que podedes acceder picando na imaxe. Ides vivir grandes aventuas. Picade na imaxe.
Día 28 de Marzo: Día 13 do COLE NA CASA
Na nosa biblioteca podemos atopar a revista O PAPAGAIO dende hai uns meses pero, nestes momentos, o acceso a esta revista vai estar limitado ata o noso retorno ao colexio. Que esperamos que sexa no menor tempo posible.
Así que, por agora, e para que non deixemos de ter esta revista nas nosas mans, vos deixo uns cuantos números que O PAPAGAIO nos facilita na sua web.
que tal, como está a ir todo? Hoxe fai dúas semanas que nos atopamos confinados na casa, pero estou segura que pronto volveremos a normalidade e estaremos de novo todos xuntos, disfrutando e aprendendo, compartindo momentos e espazos.
Polo de agora sabemos que debemos cumplir unha misión que consiste en que todos quedemos na casa, contribuindo a que todo vaia mellor e sendo responsables.
Sabemos que están sendo días distintos e un período pouco comúns para o que vimos estando acostumados na nosa vida, pero é por iso que é tempo de aproveitar a realizar cousas divertidas, creativas e innovadoras, como por exemplo: facer experimentos, contruír historias, ler contos, escoitar música, xogar coas cordas... en familia, compartindo anédotas e disfrutando uns dos outros.
Aquí vos deixamos unha pequena historia, desfrutádea.
jueves, 26 de marzo de 2020
Día 26 de Marzo: Día 11 do COLE NA CASA
Moi bos días nenos e nenas, un día máis de confinados na casa e un día menos para a volta á normalidade. Como sabemos que os días na casa se fan moi longos, gustaríanos propoñervos desde aquí, un concurso aberto de contidos chulos que podades realizar nos vosos fogares e compartir con nós á distancia e de xeito telemático, para iso só será necesario deixar voar a vosa imaxinación e creatividade. Nesta ocasión vamos a ofrecervos 3 categorías distintas nas que participar:
Baile
Debuxo en folio
Conta un conto en galego
Agardamos que vos guste a proposta e, recibir moitas produción vosas. omestrejose@gmail.com