miércoles, 18 de marzo de 2020

ENTREGA DE AXENDAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Moi boas tardes a todos e a todas,
un día máis a pesares de estar confinados na casa seguimos con actualizacións no blogue da biblio do noso cole. Aquí, nesta nova entrada queremos deixar unha foto da entrega das axendas escolares que nos fixeron chegar o Persoal do Concello de Coristanco o pasado martes día 10 en reivindicación contra a violencia machista.
Encantounos o agasallo, moitas gracias!!

Día 19 de Marzo: Día 4 do COLE NA CASA.
Ola, hoxe é día festivo, pero o COLE NA CASA do CEIP de Bormoio-Agualada segue contigo.

PARABÉNS A TÓDOLOS PAIS, JOSEFAS, PEPAS JOSÉS, PEPES...

Hoxe temos unha serie de experimentos que podes facer na casa coa túa familia. Pica na imaxe.




E para os nenos e nenas de todos os cursos, tedes un grupo de mandalas para imprimir e colorear. Pica aquí.

Envíade comentarios o fotos co resultado dos vosos experimentos e mandalas.

martes, 17 de marzo de 2020

Día 18 de Marzo: Día 3 do COLE NA CASA.

Ola, aquí estamos outro día do cole na casa.

Hoxe vai ser un día de manualidades e traballos de reciclaxe con cousas que tedes a man na vosa casa.

Pica na imaxe e poderás escoller unha manualidade que facer.


Envíade unha imaxe co resultado dos vosos traballos.
Día 17 de Marzo: Día 2 do COLE NA CASA.

Ola, aquí estamos no segundo día do cole na casa.

Imos dar unha nova suxerencia con máis actividades para o voso divertimento.

Na páxina de AULAS GALEGAS podedes atopar actividades para facer a través do conto "Orellas de Bolboreta" da editorial Kalandraka. Picar aqui

Aquí vos deixo o conto:



Enviádenos o vosos debuxos.

lunes, 16 de marzo de 2020

Día 16 de Marzo: Día 1 do COLE NA CASA.

Ola, hoxe é o primeiro día no que imos  estar na nosa casa polas circunstancias xeradas polo virus COBID 19. Por iso dende a nosa biblio queremos deixar algunha suxerencia que vos vaian servir de entretenemento.

Ao longo dos próximos días iremos subindo propostas que axuden a traer a  estes días momentos divertidos.

A primeira das nosas propostas é a seguinte:


  • Todos os días, ás 11:00 horas, en instagram @vadecuentos contaranvos contos. Seguro que son moi divertidos. 
Ide contando o que vos pareceu.
VISITA DE LUCAS, O GUACAMAIO

O pasado xoves o compañeiro Benxamín de sexto de EP, coa colaboración da súa nai, Carmen, contounos como coidan do seu loro, a súa alimentación, reproducción, relación cos seus iguais e coa família que o coida.

É moi importante coidalos a eles e ao seu médio.

Moitas grazas Carmen.


miércoles, 11 de marzo de 2020

CONVIVENCIA CANOSA-RUS

O luns tivemos a oportunidade de acudir ao colexio de Canosa-Rus para participar nunha convivencia e ao mesmo tempo puidemos gozar dunha estupenda visita pola súa biblioteca, a cal nos fascinou e da que trouxemos importantes ideas que intentaremos levar a cabo na biblio do noso centro. Agradecemos por tanto, a súa xenerosidade así como a súa colaboración  e o intercambio de experiencias marabillosas e enriquecedoras. Estamos seguros de que os vindeiros serán unha gran fonte de inspiración para nós.