viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020


DÍA DA PAZ 2020

Co motivo da celebración do Día da Paz realizamos unha xornada de convivencia co CEIP As Forcadas de Corme. 

Moitas grazas as familias polas súas aportacións e ao cole de Corme pola súa colaboración.


miércoles, 29 de enero de 2020

MAÑÁ É O DÍA DA PAZ

Ola, nenos e nenas, sabedes por qué celebramos o Día da Paz? É obrigatorio traer diñeiro? Onde vai o diñeiro?

Escoitade esta cuña de radio e quedará todo claro.

Ata mañá!

lunes, 27 de enero de 2020

Invitación para o día da Paz


Día da Paz e Xuntanza deportiva


O alumnado do noso centro queren achegar esta invitación aos nenos e nenas do CEIP As Forcadas de Corme para que veñan celebrar con todos nós esta gran data.

Esperámosvos!!!


lunes, 9 de diciembre de 2019


Día contra a violencia de Xénero
Día da discapacidade


Nestas pasadas semanas o noso centro levou a cabo varios actos co fin de dar visibilidade a dúas datas importantes: 

- 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

- 3 de decembo: Día da Discapacidade.

Dende a biblioteca do centro temos expostos varios libros que teñen relación con estas conmemoracións e a visibilidade que queremos dar.

Todos estes libros estarán a disposición de o alumnado, os país e os mestres para a súa lectura e consulta.



jueves, 5 de diciembre de 2019

Mes da Ciencia en Galego


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Este mes de Novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria, levaron a cabo unha exposición cos traballos que fixeron nas aulas. 

Os traballos foron explicados e expostos aos alumnos e alumnas do noso centro.

Gracias por ese gran traballo.

Esperámosvos o próximo ano.


viernes, 25 de octubre de 2019

24 de outubro: DíA DA BIBLIOTECA

Hoxe no noso centro, nenos, nenas e mestres deixamos, diante da nosa Bibliocova, a evidencia dun dos nosos mellores recordos de lectura: "O libro que máis e mellor recordamos".


miércoles, 9 de octubre de 2019





O día internacional da biblioteca conmemórase o día 24 de outubro. Esta data foi elexida en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo. Esta biblioteca fora destruida durante o conflicto balcánico.
Por isto, en esta data, intentamos dar visibilidade á importancia que teñen as bibliotecas nas comunidades sociais e educativas e a súa contribución na educación e a cultura.
Co fin de levar a cabo a celebración do día da biblioteca o próximo día 24 de outubro levaremos a cabo un acto no que todos levaremos á nosa biblioteca o título do libro que mais nos gostou e que recordamos dun xeito especial. Por favor, escrebe por qué ese libro fica n teu recordo.