jueves, 22 de marzo de 2018

CONTACONTOS "UNHA ÁRBORE DO MEDIEVO VEN A VERNOS"


O martes, 22 de maio teremos un contacontos co título "Unha árbore do medievo ven a vernos", con  contos sobre o coidado da terra e as vellas lendas de fadas, trasnos..... O seu protagonista é o gran Anxo Moure.
Que ben o vamos a pasar!!!!
 

XA TEMOS PREMIADOS DA BIBLIOTECA DE AULA!!

Temos listos para a súa entrega os premios do segundo trimestre para os mellores lectores de cada aula. Son os seguintes:

1º: Brais Costa
2º: María Varela
3º: Raja
4º: Samuel
5ª: Mourad
6º Inés Varela

                                      NORABOA!!!

jueves, 18 de enero de 2018

EN MARCHA OS EBOOKS VIAXEIROS PARA 3º CICLO!!

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.

martes, 19 de diciembre de 2017

CONTACONTOS!!





Hoxe tivemos contacontos na nosa biblioteca. Os máis pequenos disfrutaron da representación do libro "El secuestro de la bibliotecaria" e os maiores de "Diez Piratas". Pasárono en grande porque eles foron os protagonistas das representacións.

















martes, 12 de diciembre de 2017

QUERIDO PAPÁ NOEL...GÚSTAME MOITO LER.

Querido Papá Noel:
No colexio da Agualada gústanos moito ler. Sabemos da importancia que teñen os libros para a nosa formación. Por eso este ano desexo pedirche, se pode ser posible, que me traias algún dos libros que che marco abaixo e que nos suxeren dende a Biblioteca do Lobo Seitodo. 

                                 3-4 ANOS

                                  5 ANOS

1º CICLO
                                                                 2º CICLO
                                                                 3ºCICLO

martes, 28 de noviembre de 2017

O LIBRO VIAXEIRO!!


Dende o equipo da biblioteca comezamos a organizar o Libro Viaxeiro. Para esto queremos implicar a todas as familias. Pretendemos que  entre todas elas escribades un conto. Os nenos levarán o libro para a casa, leerédelo con eles  e despois añadiredes 2 ou 3 liñas (educación infantil) e 4 ou 5 liñas (educación primaria). O conto comeza : Había unha vez en Roma un neno... Como rematará?.

Cando o libro esté rematado, subirémolo ó blog. Esperemos que vos guste esta actividade e que a disfrutedes con vosos nenos.

martes, 14 de noviembre de 2017

ÁRBORE ROMANA

Temos nova decoración coa árbore romana na entrada da Bibliocova. Iremos completándoa durante o curso. Esperemos que vos guste!!