jueves, 18 de enero de 2018
EN MARCHA OS EBOOKS VIAXEIROS PARA 3º CICLO!!
martes, 19 de diciembre de 2017
CONTACONTOS!!
Hoxe tivemos contacontos na nosa biblioteca. Os máis pequenos disfrutaron da representación do libro "El secuestro de la bibliotecaria" e os maiores de "Diez Piratas". Pasárono en grande porque eles foron os protagonistas das representacións.
martes, 12 de diciembre de 2017
QUERIDO PAPÁ NOEL...GÚSTAME MOITO LER.
Querido Papá Noel:
No colexio da Agualada gústanos moito ler. Sabemos da importancia que teñen os libros para a nosa formación. Por eso este ano desexo pedirche, se pode ser posible, que me traias algún dos libros que che marco abaixo e que nos suxeren dende a Biblioteca do Lobo Seitodo.
3-4 ANOS
1º CICLO
2º CICLO3ºCICLO
martes, 28 de noviembre de 2017
O LIBRO VIAXEIRO!!
Dende o equipo da biblioteca comezamos a organizar o Libro Viaxeiro. Para esto queremos implicar a todas as familias. Pretendemos que entre todas elas escribades un conto. Os nenos levarán o libro para a casa, leerédelo con eles e despois añadiredes 2 ou 3 liñas (educación infantil) e 4 ou 5 liñas (educación primaria). O conto comeza : Había unha vez en Roma un neno... Como rematará?.
Cando o libro esté rematado, subirémolo ó blog. Esperemos que vos guste esta actividade e que a disfrutedes con vosos nenos.
martes, 14 de noviembre de 2017
ÁRBORE ROMANA
Temos nova decoración coa árbore romana na entrada da Bibliocova. Iremos completándoa durante o curso. Esperemos que vos guste!!
lunes, 23 de octubre de 2017
NOVIDADE: BIBLIOTECA DE AULA!!
Novidade! Este ano comezamos coa BIBLIOTECA DE AULA! Cada profesor escolle unha serie serie de libros para a súa aula. Cada neno pode levar os títulos que desexe para a súa casa. Unha vez lido o libro, realizará unha ficha do libro. Despois marcarán no taboeiro que teñen na clase si lle gustou moito, algo ou nada. Isto sérvenos tamén ó equipo de biblioteca como indicador de que coleccios ou editoriais lle gustan máis. Cada final de trimestre elixiremos ó mellor lector de cada aula.
miércoles, 18 de octubre de 2017
O RECUNCHO ROMANO
NA ENTRADA DA BIBLIOTECA TEMOS XA LISTO O "RECUNCHO ROMANO". NEL TEMOS TODO O MATERIAL CATALOGADO RELACIONADO CON ROMA (TEMA DO PROXECTO DESTE CURSO). RECORDAMOS QUE PODEDES PROPOÑER ´TITULOS RELACIONADOS PARA ADQUIRIR.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




