jueves, 8 de mayo de 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Xunto coa radio escolar, fixemos unha pequena presentación, sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014. Con motivo desta celebración e co gallo da Semana Cultural,xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizarán un recital de poesías da obra do poeta "Nimbos".
martes, 29 de abril de 2014
Apadriñamento Lector
Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, fixemos no colexio un "Apadriñamento Lector". Seguindo o Proxecto Anual Integrado sobre "O Universo", cada padriño levaba unha nave espacial co nome do seu afillado e cada afillado un astronauta co seu propio nome. Cada padriño foi a buscar ao seu afillado e deixounos momentos como estes:
viernes, 14 de febrero de 2014
UNHA PEQUENA HISTORIA....
Entre as diversas actividades que estamos a realizar na biblioteca, queremos destacar a que comenzamos esta semana: As lecturas dos nenos de 6º de Primaria, aos nenos máis pequenos do cole, aos nenos de Educación Infantil. Os primeiros en ler a estos pequenos espectadores foron, Iker e Rubén. Pequenos e grandes quedaron encantados coa experiencia.
Velaí unha pequena mostra:
Velaí unha pequena mostra:
lunes, 2 de diciembre de 2013
HISTORIAS DE CASTAÑAS
O día 8 de Novembro, celebramos o Magosto no cole, e dende a biblioteca tamén quixemos aportar o noso grao de area nesta celebración.
Co gallo desta festividade os máis pequenos pintaron cogumelos, fixeron unha grenlla con castañas e mesmo se debuxaron no outono e, os máis grandes, fixeron contos sobre as castañas.
Vela aquí están os resultados:
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Co gallo desta festividade os máis pequenos pintaron cogumelos, fixeron unha grenlla con castañas e mesmo se debuxaron no outono e, os máis grandes, fixeron contos sobre as castañas.
Vela aquí están os resultados:
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
jueves, 24 de octubre de 2013
...E DE NOVO O SAMAÍN...
AO LONGO DA SEMANA DO SAMAÍN, DURANTE O RECREO DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA, PROXECTARASE A PELÍCULA ´´FRANKENWEENIE´´.
AGARDÁMOSVOS…
viernes, 11 de octubre de 2013
XA ESTAMOS DE VOLTA!
E estamos os novos pequenos que empezan a escola, os pequenos que cada vez son máis grandes, os novos e os vellos amigos, novos profes e os profes de sempre...que ledicia ver a biblioteca chea de bulicio de novo.
Dende a biblioteca comezamos de novo unha viaxe, esta vez dun xeito moi especial... dende a alba ao solpor...esperamos que nos acompañedes nela!
| OS NOVOS COLABORADORES |
| OS MÁIS PEQUENOS CO NOVO CARNÉ |
viernes, 17 de mayo de 2013
O Touporroutou da lúa e do sol.
A mellor maneira de achegarnos á obra de Roberto Vidal Bolaño foi coñecendo unha parte dunha das súas comedias máis populares: o "Touporroutou da lúa e do sol", a cal estivo exposta durante toda a semana na biblioteca.
Ademáis, tódolos alumnos/as foron obsequiados cunha reproducción da peza acompañada de personaxes xenéricos: o sol para os nenos e a lúa para as nenas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


