viernes, 30 de septiembre de 2011

Chegou o outono e con él novos libros que descubrir.


Con esta incrible escenografía Laura Gallego, unha das gañadoras dos Premios Cervantes Chico 2011, presenta a súa última obra. Trátase dunha novela de aventuras que de seguro enfeitizará a moitos dos nosos alumnos/as do último curso. O lobo Seitodo garda varias mostras gratuitas na súa cova, esperando impaciente o próximo 14 de outubro!




Se ousades ler na lingua de Shakespeare, que mellor que coñecer a historia da urraca Margaret. Encántalle os obxectos brilantes pero non está disposta a compartilos. Cómo reaccionarán os seus amigos do bosque?







Deixade que a vosa imaxinación voe ata o corazón deste bosque maravilloso. Descubriredes seres fantásticos escondidos nas láminas.
A ver quen os atopa!

sábado, 16 de abril de 2011

África

Na nosa aventura cruzando o mundo, os nen@s de infantil convertíronse nuns expertos do continente africano. Éstas son algunhas das actividades, creadas para a PDI, coas que ampliaron os seus coñecementos.

miércoles, 13 de abril de 2011

O "Guillermo Tell" de Rossini.

Guillermo Tell foi unha das lendas suizas estudadas. O músico italiano Rossini elaborou unha composición na honra deste heroe.

A flora en Europa

Este curso os nosos pequen@s adicáronse a percorrer o mundo. A biblioteca quixo acompañalos nesta aventura propoñendo actividades en formato dixital.

martes, 12 de abril de 2011

Consellos lectores para pais e nais

Éstas son algunhas prácticas recomendacións, dirixidas aos papás e ás mamás do alumnado do 1º ciclo de primaria, para fomentar os hábitos lectores entre eles. Botádelle unha ollada!

lunes, 17 de enero de 2011

Pechado por catalogación

Neste intre o Lobo Seitodo está a ordenar a súa cova polo que temporalmente está pechada. En poucos días estaremos a pleno rendemento.
Disculpade as molestias.

martes, 6 de julio de 2010

O verán é o tempo de ler

Este curso intentamos achegaros aos libros, no verán tendes que seguir lendo, buscade un tema que vos divirta e lede: cómics, revistas, libros...
Despedimonos ata o curso que ven e .Boa lectura!