Para rematar a temática deste curso, o pasado mes de maio realizamos unha merendola coas familias! Desta forma, demostramos todo o aprendido a través de receitas diversas e riquísimas que escribimos e elaboramos coa axuda do profesorado, e compartimos toda a comunidade educativa. Estaba todo boísimo! Por aquí vos deixamos as nosas receitas, e algunha que outra foto máis. Gracias por vir!
jueves, 6 de junio de 2024
Mulleres cociñeiras
Bo día, deixámosvos por aquí uns traballos realizados polo alumnado no Día da Muller que nos quedaron pendentes de compartir convosco. A través deles, coñecemos de primeira man a moitas cociñeiras moi importantes na gastronomía nacional, que non coñecíamos.
miércoles, 29 de mayo de 2024
Avaliación da biblio!
Como cada ano a finais de curso, achegámosvos os nosos cuestionarios para poder avaliar o traballo realizado pola biblioteca neste curso escolar. Agradecemos moito a vosa colaboración para poder aprender do realizado e poder continuar mellorando! Moitas gracias!
Avaliación do alumnado: Preme aquí para responder
Avaliación das familias: Preme aquí para facer o cuestionario
Entrevista aos nosos cociñeiros
O pasado 28 de maio, os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria prepararon unha entrevista na radio para coñecer un pouco máis aos nosos cociñeiros: Antonio e Mari.
Pasamos un rato moi divertido, e ademais aprendimos moito sobre a profesión de cociñeiros, aproveitando o noso proxecto de aula sobre as profesións, ademais de coñecer algo máis a dúas persoas moi queridas da nosa comunidade educativa. Neste cole todos somos unha gran familia!
VOZ NATURA
Neste curso fixemos unhas actividades moi interesantes dentro do Plan Natura e relacionadas co noso proxecto de centro sobre a comida.
Por unha banda, realizamos labores de compostaxe e fixemos un sementeiro.
Doutra banda, o grupo de 3º e 4º realizou unha investigación sobre plantas aromáticas e gravou un podcast sobre isto. Apetécevos escoitalo?
E o alumnado de 5º e 6º descubriu que é unha escola sostible e gravou outro podcast sobre como o noso cole podería ser un pouco máis sostible. Tamén o queredes escoitar?
martes, 14 de mayo de 2024
DÍA DO LIBRO
Para celebrar o Día do Libro no noso cole fixemos un montón de cousas. Empezamos realizando un bookface e seguimos cun intercambio de marcapáxinas entre padriños, madriñas e afillad@s.
Para rematar organizamos un mercado solidario, que foi todo un éxito!
miércoles, 8 de mayo de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES- 3º TRIMESTRE
Chegamos ao último trimestre e, polo tanto, ao último cambio de parellas lectoras. Aquí tedes un pequeno vídeo!
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)








