jueves, 2 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Hoxe, 2 de novembro, tivo lugar a votación do concurso de cabazas. Non saberemos o resultado ata mañá, pero sabemos seguro que estará moi reñido porque, sen duda, todas as cabazas son chulísimas. 

Por aquí vos deixamos unha breve mostra da exposición para que podades velas e valoralas. Moitas gracias a todos por participar, e sobretodo, gracias ás familias que viñeron votar. Mañá teredes os resultados.






miércoles, 25 de octubre de 2023

RECOMENDACIÓNS SAMAÍN

Aquí tedes as recomendacións lectoras do Samaín. Podedes atopar libros moi variados con historias cheas de misterio, medo e emoción, como "Fantasmas no corredor", de Agustín Fernández Paz, "Bruxa e familia", de Paula Carballeira ou "Teño medo", de David de la Iglesia. Animádevos a curiosear un pouquichiño!

CONCURSOS SAMAÍN 2023

Atención, rapaces e rapazas da Agualada! Chegan os concursos máis terroríficos deste curso... 👻👻👻

Haberá tres concursos diferentes: de cabazas, de disfraces e de relatos e debuxo. Animádevos a participar!





martes, 24 de octubre de 2023

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Hoxe, como cada ano, o 24 de outubro festexamos o Día das bibliotecas. É un día moi importante para nós, xa que a nosa biblioteca é un eixo fundamental para o noso cole. 

Para conmemoralo, e seguindo co lema deste ano "tecendo comunidades", esta semana comezaremos coas nosas preciadas MOCHILAS VIAXEIRAS. E deste xeito, compartir a nosa biblioteca coa comunidade e sobre todo, con vós, as familias do noso cole.










miércoles, 18 de octubre de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES - 1º TRIMESTRE

 Xa empezamos coas lecturas compartidas deste trimestre cos padriños e madriñas. Aquí tedes un vídeo- resumo do primeiro día que foi estupendo; apetécevos velo?

lunes, 16 de octubre de 2023

16 OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe celebramos na nosa biblio o día das escritoras. Non podíamos olvidarnos delas porque, gracias a elas, temos algunhas das nosas historias favoritas. 

Deixamos por aquí unha pequena colección de libros das diferentes idades feitos por escritoras: Olga de Dios, Adela Turín, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anna Llenas... pero hai moitísimos libros máis que podedes ler na nosa biblio!




miércoles, 4 de octubre de 2023

VISITA DO MAGO TETO

O luns 2 de outubro recibimos no cole a marabillosa visita do Mago Teto. Fíxonos un montón de trucos asombrosos e nos divertimos un montón, dende os máis pequenos ata os maiores (profes incluidas!!).
Isto si que é unha boa maneira de empezar a semana 😊
Grazas ao Concello de Coristanco por facernos pasar tan bos ratos. Oxalá ter pronto outra sorpresa coma esta.