Atención, rapaces e rapazas da Agualada! Chegan os concursos máis terroríficos deste curso... 👻👻👻
Haberá tres concursos diferentes: de cabazas, de disfraces e de relatos e debuxo. Animádevos a participar!

Xa empezamos coas lecturas compartidas deste trimestre cos padriños e madriñas. Aquí tedes un vídeo- resumo do primeiro día que foi estupendo; apetécevos velo?
Hoxe celebramos na nosa biblio o día das escritoras. Non podíamos olvidarnos delas porque, gracias a elas, temos algunhas das nosas historias favoritas.
Deixamos por aquí unha pequena colección de libros das diferentes idades feitos por escritoras: Olga de Dios, Adela Turín, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anna Llenas... pero hai moitísimos libros máis que podedes ler na nosa biblio!
A partir desta semana xa podedes vir á biblio nos recreos para ler, xogar e moitas cousas máis. Ademais haberá sempre encargados e encargadas para axudarvos con todo o que precisedes. Animádevos!