viernes, 2 de junio de 2023

"Coa música a todas partes". Produto final 6º de Primaria

Continuamos cos traballos realizados polos maiores do cole para finalizar este proxecto! Eles escolleron, de entre todas as posibilidades, a ópera, a música tradicional galega, e máis o rock, seguindo coa súa temática de disfraz de entroido tamén. Imos velos!

No seu traballo sobre o rock fálannos do que é o rock, os instrumentos máis comunes, cunha explicación sobre eles, e inclúen información tamén sobre algúns dos grupos máis relevantes na historia do rock. Ademais podedes ver un código QR cunha canción de The beatles, que seguro a coñecedes! 

Se nos fixamos na música tradicional galega, sen duda danos moita información sobre ela. Fálanos do que é, dos instrumentos, do tipo de música, e incluso un pouco sobre a súa historia. Sabíades que durante o franquismo a música tradicional galega tivo que ser transformada? Ademais, inclúen unha muiñeira!

Finalmente, no seu traballo sobre a ópera, podemos ler moita información sobre ela e os seus elementos. Dende unha descrición, a vestimenta dos compositores, óperas famosas, compositores... Ademais de, por suposto, falarnos dalgúns instrumentos típicos. No QR poderedes escoitar unha ópera que seguro que vos sona de algo!

"Coa música a todas partes". Produto final 4º/5º Primaria

 Continuando agora xa cos maiores, os nenos e nenas de 4º e 5º tamén aportaron o seu granito de arena aos estilos musicais, facendo uns traballos moi completos sobre o K-POP, o rap e a música clásica. Imos ver os seus marabillosos traballos!

Por unha banda, temos o traballo sobre a música clásica. Nel podemos aprender que é a música clásica, e ademais que os artistas dese estilo de música non se chaman tal, senón compositores. Ademais, inclúen fotos de instrumentos utilizados neste estilo musical, así como fotos dalgúns compositores. No QR que inclúen podemos escoitar unha sinfonía!

No traballo do rap fálannos de cousas moi interesantes, porque ademais de contarnos o que é, e falarnos dalgúns artistas raperos, tamén nos deixaron un QR con algúns dos raps máis rápidos do mundo! É incrible, pero o que é aínda mellor, é o rap que inventaron estes nenos e nenas! Super creativos!

Finalmente, fixeron tamén un traballo sobre o K-POP, que seguro que moitos nin coñecíades. Neste traballo fálannos do que é este xénero musical, e de dous grupos de cantantes, engadindo tamén dous códigos con cancións para que poidamos bichear. Que interesante. 



"Coa música a todas partes". Produto final 1º/2º/3º Primaria

 Seguimos cos produtos finais das nosas clases, e para iso empezamos cos máis pequenos de Educación Primaria, os nenos e nenas de 1º/2º/3º. Eles escolleron facer tres grupos e traballar sobre tres estilos de música moi diferentes, e algo descoñecidos, pero moi chulos: escolleron o country, o jazz e mais o funk.

No seu traballo sobre o funk explicaron un pouquiño que é ese estilo musical, e ademais fálannos tamén sobre algúns dos instrumentos musicais máis utilizados e algúns artistas moi importantes para o estilo de música. Ademais, engaden un QR cunha canción que, de seguro, coñecedes todos, moi chula!

Respecto ao jazz, a estrutura do traballo é moi semellante, falando sobre o que é este estilo musical, destacando aqueles instrumentos máis utilizados e algúns dos músicos do jazz máis coñecidos. Engaden tamén un QR no que podemos ver a Lisa Simpson, gran artista de jazz dos debuxos animados. 

E por último, fixeron tamén un traballo sobre o country, outro estilo de música pouco coñecido pero moi chulo. Descubriron sobre el tamén os instrumentos e algún artista importante, e descubriron tamén unha canción en castelán moi chula! Seguro que tamén vos gusta a vós, moitos a coñeceredes. 

"Coa música a todas partes". Produto final Educación Infantil

 Como cada ano hacia finais de curso, estamos aquí para ensinarvos o produtos finais da PDI deste ano. Neste caso, as aulas traballaron de maneira grupal con diferentes estilos musicais, escollidos por eles mesmos, e fixeron unha investigación sobre o mesmo coa intención de crear un mural entre todos. 

O mural podedes velo nos taboleiros do corredor principal do noso centro. Os nenos e nenas de educación infantil traballaron sobre dous xéneros musicais moi interesantes: a música infantil e o pop. 

No traballo sobre o pop, fálanos do que é, algúns instrumentos que se utilizan neste tipo de cancións, artistas coñecidos deste xénero, algunhas cancións que lles gustan e, ademais, se escaneades o código QR poderedes escoitar a súa canción favorita! Encima del podedes ver unha pista enorme. 

Por outra parte, no traballo sobre a música infantil, ademais de falarnos un pouco sobre a mesma, e escribir algúns nomes de artistas de música infantil, tamén traballaron a letra con debuxos dunha das súas cancións favoritas deste xénero (e a da maioría do cole). Se escaneades o código QR que puxeron, podedes incluso velos cantando e bailando a canción! 







jueves, 25 de mayo de 2023

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS (II)

Bo día, para continuar coa celebración do Día Letras Galegas, tivemos o pracer de ter esta semana no noso centro...a Manuela Varela!

Fixo de contacontos, para explicarnos a historia de Francisco Fernández del Riego, autor conmemorado este ano, en forma de conto.

Que divertido coñecer a vida e historia de Don Paco!







miércoles, 24 de mayo de 2023

AVALIACIÓN BIBLIOTECA

 Boas! Como cada curso, achégase ao final, e para iso dende a biblioteca necesitamos saber qué tal o fixemos, se vos gustan as cousas novas da biblioteca, que credes que hai que mellorar... 

Para iso deixamos por aquí os cuestionarios para cubrir polo alumnado e polas familias. Moitas gracias pola participación! Todas as respostas axúdannos a mellorar!

Cuestionario para alumnado

Cuestionario para familias

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día a todas e todos!

A pasada semana, por mor da celebración da Semana das Letras Galegas, recibimos a visita do gran Mago Teto. 

Os nenos e nenas de educación infantil quedaron coa boca aberta cos incribles trucos que fixo... 



... e os nenos/as máis maiores achegáronse aos  autores homenaxeados nas letras galegas ao longo dos anos, mediante a maxia. 




Pasámolo xenial co Mago Teto!! Pero a celebración deste día aínda non rematara...