viernes, 7 de febrero de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA: HARRY POTTER


O noso compañeiro Samuel ven de rematar a lectura do libro "Harry Potter y el legado maldito". Escoita a súa recomenzación.

Se tamén o liches, opina no bloque, tes a mesma opinión?

Se non o liches, e cres que está interesante, ven a buscalo, está disponible na biblio.


"SE TI LES, EL LE"


Aos nenos e nenas do colexio


OVIDADE!! ESTE ANO CREAMOS UN RECUNCHO DE LIBROS NA ENTRADA DO COLEXIO DESTINADO ÓS PAIS. AS TEMÁTICAS SON VARIADAS: DENDE LIBROS DE PSICOLOXÍA INFANTIL ATA NOVELAS. ANIMÁMOSVOS A FACER O VOSO CARNET DE BIBLIOTECA. ESPERAMOS IR AUMENTANDO OS VOLUMES E VÓS PODEDES COLABORAR SUXERINDO TÍTULOS: MEDIANTE NOTAS ENVIADAS POLOS NENOS, NO MESMO RECUNCHO, NO APARTADO DE SUXERENCIAS OU MESMO DIRECTAMENTE FALANDO CON IVÁN. 

NOVA ADQUISIÓN DA BIBLIOTECA

REVISTA "O PAPAGAIO"

Hoxe incorporamos á nosa biblioteca unha nova revista. "O papagaio". A Ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a cultura, a integración, teñen unha seccíon fixa na revista e os textos están asinados  ou asesorados por persoas expertas na materia.

Non hai que esperar nin un minuto máis!!!! Ven á biblioteca e vai disfrutar dela en calquera recuncho no cole.

Lucía e Sheila foron as primeiras; agora é o teu turno. Ven á biblioteca!!! 


miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVIDADE NA BIBLIOTECA: ESCORNABOTS

Temos unha gran nova para vós. A nosa biblio adquiriu para a zona MAKER dou escornabots.


PROXIMAMENTE!!!!

IMOS TRABALLAR CON ROBOOOOTS!!!!

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020


DÍA DA PAZ 2020

Co motivo da celebración do Día da Paz realizamos unha xornada de convivencia co CEIP As Forcadas de Corme. 

Moitas grazas as familias polas súas aportacións e ao cole de Corme pola súa colaboración.


miércoles, 29 de enero de 2020

MAÑÁ É O DÍA DA PAZ

Ola, nenos e nenas, sabedes por qué celebramos o Día da Paz? É obrigatorio traer diñeiro? Onde vai o diñeiro?

Escoitade esta cuña de radio e quedará todo claro.

Ata mañá!

lunes, 27 de enero de 2020

Invitación para o día da Paz


Día da Paz e Xuntanza deportiva


O alumnado do noso centro queren achegar esta invitación aos nenos e nenas do CEIP As Forcadas de Corme para que veñan celebrar con todos nós esta gran data.

Esperámosvos!!!