Desde a
Biblio Cova gustaríanos mostrar o noso agradecemento ao centro comercial
Carrefour de Coristanco, pola doazon dun carro de compra para a nosa
disposición no cole. Seranos de especial utilidade e sacaremoslle moito partido
este curso posto que xa temos en marcha diversos proxectos dos cales será un
dos protagonistas indispensables. GRAZAS!
miércoles, 9 de octubre de 2019
Desde a Biblio cova do centro queremos agradecer aos Romeiros do caracol a estupenda actuación realizada para o noso cole o pasado luns, da cal puido desfrutar todo o alumnado do mesmo. Agardamos contar de novo con vós proximamente en vindeiras ocasións e pásalo de novo en grande como nesta.
Etiquetas:
CCEC,
CCL,
competencias,
Contacontos,
Teatro
martes, 24 de septiembre de 2019
Logo de xa iniciar o curso, chega o
momento de poñer en marcha a nosa biblio cova, para iso procederemos a súa
inauguración o vindeiro 30 de setembro de 2019 ás 13:30h, convidando a todos os
nenos e nenas a visitar o noso espazo no cole.
Por ser unha ocasión tan especial, temos o
pracer de presentarvos un fantástico espectáculo ofrecido polos Fantoches Baj quen representará para nós
os Romeiros do caracol. Desexamos que vos guste e desfrutedes da estupenda
actuación.
Coa colaboración da Concellería de
Educación do Concello de Coristanco.
Etiquetas:
CCEC,
CCL,
competencias,
Contacontos,
CSC,
Teatro
martes, 4 de junio de 2019
CONTACONTOS KALANDRAKA NA LIBRERIA PUNTO E COMA DE CARBALLO
Os nenos de infantil e de 1º de primaria desprazáronse a Carballo a un contacontos de Kalandraka, na librería Punto e Coma, ós que lle agradecemos que nos convidasen. Disfrutaron de contos tan coñecidos como:
- "Elmer"
- "Ratiña Presumida"
- "Os esqueletos divertidos"
- "Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés"
- "Cándido"
Pasárono en grande!!!
jueves, 2 de mayo de 2019
APADRIÑAMENTO LECTOR!!
Pasamos unha gran tarde co apadriñamento lector, onde tamén realizamos un xogo de búsqueda, fixemos lectura do libro "A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas", a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, Raúl fíxono pasar un gran momento coa lectura do seu conto "O Pequeno Dragón" e tivemos tempo tamén para o micro aberto.
EBOOK VIAXEIRO EN MARCHA PARA 3º CICLO!!
A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).
CONTO DE RAÚL!!
Moitas gracias e noraboa a Raúl por deleitarnos co seu conto " O Pequeno Dragón". Raúl agradeceu ó seu mestre Sergio a sua axuda, que o motiva para escribir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




