miércoles, 19 de abril de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR


APADRIÑAMENTO LECTOR!!

O martes, 18 de Abril, celebramos o apadriñamento lector. Pasámolo en grande e disfrutamos dunha temperatura ideal. Mediante un puzzle relacionado co cine infantil, os maiores buscaron o seu apadriñado para lerlle un conto. Despois fixemos un xogo de búsqueda, donde tiñan que encontrar o seu número de recitación para despois ler, xunto cos mestres, o libro da Galiña Azul de Carlos Casares, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. O xoves espérannos os contacontos.





































































martes, 21 de marzo de 2017

CURSO FORMACIÓN BIBLIOTECAS ESCOLARES

O EQUIPO DA NOSA BIBLIOTECA ESTIVO PRESENTE ESTE VENRES NUNHA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN PARA BIBLIOTECAS ESCOLARES.  CELEBROUSE NO PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. EN VINDEIRAS DATAS POÑEREMOS EN MARCHA ALGUNHA DAS ACTIVIDADES EXPOSTAS QUE NOS PARECERON INTERESANTES.





lunes, 13 de marzo de 2017

CARTEL CONMEMORATIVO DO 180 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO


 DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA ELABORAMOS ESTE CARTEL CONMEMORATIVO DO 180 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!




jueves, 2 de marzo de 2017

EXPOSICIÓN "ROSALÍA DE CASTRO"

EXPOSICIÓN "ROSALÍA DE CASTRO"
Dende a biblioteca queremos achegar un pouco máis ós nenos a  Rosalía de Castro. Coa colaboración da Biblioteca Municipal de Coristanco, temos na entrada do colexio unha pequena exposición acerca da figura da nosa ilustre escritora. Tamén estamos preparando, cola colaboración dos titores, unha actividade para os nenos, para que se adentren un pouquiño máis na súa figura.