Para celebrar esta data tan importante organizamos un Apadriñamento lector. Os alumnos/as máis pequenos actuaron como oíntes mentras que os máis maiores prepararon a conciencia a lectura para os seus afillados/as. Desta experiencia quedaron imaxes moi fermosas, as cales veredes neste vídeo.
martes, 1 de mayo de 2012
martes, 3 de abril de 2012
Exposición de experiencias.
O alumnado do 3º ciclo encargouse de investigar o apartado de "Aparellos e Sistemas" do proxecto documental sobre o corpo humano que realizamos no centro durante o presente curso.
En primeiro lugar, os alumnos/as dividíronse por parellas para procurar información sobre aquel aparello do que resultarían todos uns expertos. Realizaron búsquedas na rede, no material de consulta, prepararon cadernos e algún experimento para exemplicar o funcionamento do aparello diante dos seus compañeiros/as.
Ollade as exposicións que tiveron lugar na biblioteca. Semellan todo un éxito! Noraboa a estes investigadores!
Obradoiro con Mon Lendoiro.
Para conmemorar a Semana da Prensa na Escola, o alumnado do 2º ciclo redactou unha noticia e para ilustrala contamos coa inestimable axuda do artista carballés Mon Lendoiro.
Despois de realizar unha pequena introducción para explicar a importancia das imaxes nos medios de comunicación, Mon axudounos a ilustrar a nosa nova outorgándonos pautas e estratexias de debuxo.
E éstes foron algúns dos resultados:
Mon Lendoiro tamén organizou varias exposicións onde se amosan algunhas das súas obras máis significativas, sendo a máis recente o conxunto de retratos realizados dende unha perspectiva infantil, levada a cabo no centro cívico de Arteixo.
Outra delas é a do corpo humano como expresión, relacionada co tema do noso PAI.
lunes, 27 de febrero de 2012
Consultando libros...
Os libros son a fonte da sabiduría polo que é moi importante saber manexalos. O alumnado de 1º ciclo está investigando sobre alimentación e hábitos de vida saudables. O pasado venres saíron da aula co seu caderno de campo para dar resposta ás cuestións que se lle plantexaron. Pero non foi sinxelo xa que os libros de consulta estaban escondidos polos recunchiños do cole e había que estar atento ás pistas.
Unha vez atopados, había que fixarse na sinatura e buscar a información pertinente.
Ésta é unha mostra dos cadernos de campo elaborados. Foron catro en total.
sábado, 25 de febrero de 2012
Exposición de material sobre o corpo humano.
Non hai mellor maneira para dar a coñecer os recursos da biblioteca aos usuarios que organizar unha exposición vistosa cos distintos exemplares e recursos multimedia cos que contamos sobre o corpo humano. Como sabedes, éste é o tema escollido para o PAI de este ano.
Un dos recursos educativos en liña que desenvolve a maior parte do currículo da área de Coñecemento do Medio é o Proxecto Alquimia. O apartado de Alumnado contén numerosas actividades clasificadas por ciclos, entre elas aquelas relacionadas coa saúde e o noso corpo.
Outra aplicación interesante para repasar os ósos e os músculos dun xeito máis lúdico é a que propoñemos a continuación. Pinchade na imaxe para comprobar os vosos coñecementos.
domingo, 12 de febrero de 2012
De ruta polo corpo.
O PDI que estamos levando a cabo durante este curso lévanos a indagar algo máis sobre o corpo humano.
Para ir abrindo boca aquí vos presentamos unha guía para o alumnado, na que constan os pasos que deben seguir se desexan acceder ao catálogo da nosa biblio pola rede.
O programa PERSEO, promovido polo Ministerio de Sanidade, dispón duns materiais didácticos moi interesantes na nosa lingua, relacionados coa alimentación saudable.
E para finalizar a entrada de hoxe, imos a engadir un pouco de ritmo musical coa canción "Comer bien" de Los Algos.
miércoles, 1 de febrero de 2012
Celebración do Día da Paz.
Este curso decidimos conmemorar o Día da Paz plasmando aquelas palabras que nos producen sensacións negativas nunha prenda de roupa sucia. E qué se fai coa vestimenta roñosa e pringosa? Pois metela na lavadora dos bós desexos para que saian auténticas poesías, odas que reclaman un mundo mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
