sábado, 21 de diciembre de 2024

Coñece á gañadora da postal de Nadal: Ainara e a súa maxia festiva

 Parabéns a Ainara, gañadora da postal de Nadal deste ano! 

O seu deseño destacou entre unha gran cantidade de propostas, amosando a creatividade e o entusiasmo de todas as persoas participantes. 

Sen dúbida, foi unha edición con moita competencia, e Ainara, con tan só 3 anos, soubo transmitir a maxia e o espírito do Nadal dunha maneira única. 

Grazas a todos os nenos e nenas pola súa participación! Agardamos con moita ilusión as futuras creacións o próximo ano!



jueves, 5 de diciembre de 2024

Recomendacións para unhas datas máxicas.

 Nesta época tan especial, a nosa biblioteca prepárase para acompañaros nas vosas lecturas de Nadal. Temos novidades para todos os gustos: desde libros encantadores para os máis pequen@s de infantil, ata lecturas emocionantes para @s maiores. Tamén podedes disfrutar de contos que vos transportarán a mundos máxicos e festivos.

Pero iso non é todo! Se vos gusta a música, encontrarades unha selección de temas que farán que vos mergullades no espírito navideño. E para os que queren un pouco de diversión extra, temos xogos de "buscar a Papá Noel" que farán que a vosa visita á biblioteca sexa unha aventura.

Agardamos que pasedes momentos máxicos con nós nesta biblioteca chea de sorpresas!

Bo Nadal a todos e a todas!





  







miércoles, 4 de diciembre de 2024

Novembro, Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares.

 


Este mes de novembro, nas nosas bibliotecas, celebramos o Mes da Ciencia, unha ocasión perfecta para adentrarse no fascinante mundo do coñecemento. Ao longo do mes, ofrecimos unha selección de contos e libros relacionados coa ciencia, para que todos, grandes e pequenos, puideran gozar do saber e da maxia que a ciencia nos aporta.

A nosa biblioteca estivo chea de lecturas sobre os misterios do cosmos, as maravillas da natureza, a bioloxía, a física e moito máis. Foron moitos os que se achegaron para descubrir novidades e ampliar os seus coñecementos científicos.

Foi un mes cheo de aprendizaxe, descubrimentos e diversión. A ciencia é unha fonte inesgotable de coñecemento, e nas bibliotecas queremos que todos teñamos a oportunidade de descubrirla.

E lembrade: o mundo da ciencia nunca remata, sempre hai algo novo por descubrir!

Deixamos aquí unha selección de contos da biblioteca: 






Na nosa biblioteca, ofrecemos materiais e actividades que acompañan aos nenos neste emocionante camiño de descubrimento, porque sabemos que cada gran científico comeza cunha chispa de curiosidade. A ciencia está ao alcance de todos, e nunca é demasiado cedo para comezar a explorar!

Próximamente...

 A chegada do Nadal tamén trae novidades á nosa biblioteca. Neste mes tan especial, imos presentarche unha selección de libros para disfrutar destas festas de maneira máxica e única. Se estás buscando lecturas que che acompañen durante as vacacións, ou simplemente queres mergullarte en historias de Nadal, este é o momento perfecto para visitar a nosa biblioteca.

Pronto publicaremos recomendacións de libros de Nadal para todas as idades: contos clásicos, novelas cheas de espírito navideño e historias que che farán sentir a maxia desta tempada tan especial. Ademais, haberá novidades literarias que aproveitarás para regalar ou regalarte neste tempo de xiros e celebracións.

Non perdas de vista o noso blog, onde cada semana compartirémosche libros que farán que o Nadal sexa aínda máis especial. Tamén che invitamos a visitar a nosa biblioteca, onde o espírito de Nadal encherá cada rincón.

¡Vén e descubre a nosa colección especial de Nadal!


25 de novembro de 2024: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data que nos invita a reflexionar sobre as moitas formas de violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. Este día lembra as irmás Mirabal, activistas políticas de República Dominicana, que foron asasinadas en 1960.
A violencia de xénero non só se manifesta fisicamente, senón tamén de xeito psicológico, económico e sexual. A educación e a sensibilización son fundamentais para loitar contra esta lacra e promover a igualdade entre xéneros.
Desde a nosa biblioteca, queremos facer un chamamento á reflexión e á acción. A través da lectura e da cultura, podemos axudar a construir unha sociedade máis xusta e igualitaria. Neste día, convidámosvos a descubrir libros que nos axuden a entender mellor a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Unha das iniciativas do centro foi a seguinte:
"Nin unha cadeira máis baleira"


Outra das iniciativas 




As bolboretas liberadas son un símbolo de esperanza e da loita colectiva por unha sociedade libre de violencia machista, onde a igualdade e o respecto sexan os alicerces fundamentais.

jueves, 14 de noviembre de 2024

Samain e Magosto

 O pasado 30 de outubro celebramos no colexio, como xa é tradición a festa do Samain e do Magosto, onde nenos , nenas e mestres deixaron voar a súa imaxinación e viñeron engalanados das súas casas coas súas mellores galas, intentando rememorar ós nosos ancestros. Puidemos atopar Meigas, Catrinas, esqueletes, entre outros. A mañá comezou cos tradicionais xogos do Magosto e co asado das castañas, que por certo, estaban boísimas, gracias a Chema por asalas¡









Despois de xogar e de comer as castañas  acudimos ó ximnasio para a entrega de premios dos concursos de cabazas, relatos e debuxos e dos disfraces terroríficos. 




Gracias pola vosa participación, cada ano superádesvos máis no deseño das cabazas e dos disfraces¡


martes, 12 de noviembre de 2024

Mabón - Equinocio de Outono


Dando continuidade ó noso PDI "Galicia Ancestral" o pasado venres 27 de setembro celebramos o Mabón, máis coñecido como o equinoccio de outono.

Para levar a cabo a actividade nenos  e nenas recolleron diferentes elementos relacionados en como o outono se ve na natureza.

 Posteriormente colocaron os diferentes elementos atopados nun altar situado na zona da entrada, onde rendirían homenaxe ós 4 elementos (terra, aire,  lume e  auga) que eran as deidades dos nosos ancestros.




Os alumnos de 1º de primaria foron os encargados de facer unha representación onde explicaban que a luz e a escuridade ocupan as mesmas horas de día.




martes, 15 de octubre de 2024

PDI 2024/2025

Benvidos ao curso 24/25. Este ano o PDI escollido para traballar será "GALICIA ANCESTRAL". Preparados para coñecer aos nosos ancestros? Isto empeza xa!





viernes, 14 de junio de 2024

CANADA PROJECT

Neste curso os rapaces e rapazas de 3º e 4º fixemos uns novos amig@s canadienses, concretamente do Manor Park Primary School, na cidade de Otava.
Primeiramente intercambiamos un vídeo de presentación dos colexios; aquí podedes ver o noso!

E despois realizamos un intercambio de cartas en inglés, que foi moi, moi, moi interesante. 

jueves, 6 de junio de 2024

Produtos finais PDI: A cociña en Agualada

 Para rematar a temática deste curso, o pasado mes de maio realizamos unha merendola coas familias! Desta forma, demostramos todo o aprendido a través de receitas diversas e riquísimas que escribimos e elaboramos coa axuda do profesorado, e compartimos toda a comunidade educativa. Estaba todo boísimo! Por aquí vos deixamos as nosas receitas, e algunha que outra foto máis. Gracias por vir!











Mulleres cociñeiras

 Bo día, deixámosvos por aquí uns traballos realizados polo alumnado no Día da Muller que nos quedaron pendentes de compartir convosco. A través deles, coñecemos de primeira man a moitas cociñeiras moi importantes na gastronomía nacional, que non coñecíamos. 





miércoles, 29 de mayo de 2024

Avaliación da biblio!

Como cada ano a finais de curso, achegámosvos os nosos cuestionarios para poder avaliar o traballo realizado pola biblioteca neste curso escolar. Agradecemos moito a vosa colaboración para poder aprender do realizado e poder continuar mellorando! Moitas gracias!

Avaliación do alumnado: Preme aquí para responder

Avaliación das familias: Preme aquí para facer o cuestionario

Entrevista aos nosos cociñeiros

 O pasado 28 de maio, os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria prepararon unha entrevista na radio para coñecer un pouco máis aos nosos cociñeiros: Antonio e Mari. 

Pasamos un rato moi divertido, e ademais aprendimos moito sobre a profesión de cociñeiros, aproveitando o noso proxecto de aula sobre as profesións, ademais de coñecer algo máis a dúas persoas moi queridas da nosa comunidade educativa. Neste cole todos somos unha gran familia!


VOZ NATURA

Neste curso fixemos unhas actividades moi interesantes dentro do Plan Natura e relacionadas co noso proxecto de centro sobre a comida.

Por unha banda, realizamos labores de compostaxe e fixemos un sementeiro.





Doutra banda, o grupo de 3º e 4º realizou unha investigación sobre plantas aromáticas e gravou un podcast sobre isto. Apetécevos escoitalo?

E o alumnado de 5º e 6º descubriu que é unha escola sostible e gravou outro podcast sobre como o noso cole podería ser un pouco máis sostible. Tamén o queredes escoitar?


martes, 14 de mayo de 2024

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro no noso cole fixemos un montón de cousas. Empezamos realizando un bookface e seguimos cun intercambio de marcapáxinas entre padriños, madriñas e afillad@s.






 Para rematar organizamos un mercado solidario, que foi todo un éxito!