jueves, 2 de noviembre de 2023

CONCURSO DE DISFRACES!

 Bo día! Hoxe traemos por aquí os gañadores do concurso de disfraces! Seguro que tiñades ganas de velos por aquí, así que ahí van...

Como sabedes, escollemos un disfraz de cada clase para ser o gañador, tendo en conta sobretodo as cousas que foron feitas na casa e o resultado do disfraz. E aquí van os nosos gañadores. 

Da clase de infantil, a gañadora foi.... NEREA LISTA, co seu disfraz de momia!


Da clase de 1º e 2º de Primaria o gañador foi... ELOI PENSADO, co seu disfraz de pallaso asasino!

De 3º e 4º de Primaria gañou.... NAHUEL PÉREZ, disfrazado de morto vivinte, con corazón colgando e todo! 


E de 5º e 6º de Primaria a gañadora foi.... ALBA CERQUEIRO, disfrazada de bruxa.

Pero iso non foi todo, xa que tamén houbo premio para a profe mellor disfrazada, que foi LOLY, a titora de 3º e 4º, disfrazada de Catrina chulísima!




E por último, pero non menos importante, tivemos un premio especial para a nosa axudante de cociña MARI, que viña cun disfraz moi chulo e divertido!

Gracias a todos por participar e desfrutar connosco do Samaín!

No hay comentarios:

Publicar un comentario