miércoles, 25 de octubre de 2023

RECOMENDACIÓNS SAMAÍN

Aquí tedes as recomendacións lectoras do Samaín. Podedes atopar libros moi variados con historias cheas de misterio, medo e emoción, como "Fantasmas no corredor", de Agustín Fernández Paz, "Bruxa e familia", de Paula Carballeira ou "Teño medo", de David de la Iglesia. Animádevos a curiosear un pouquichiño!

CONCURSOS SAMAÍN 2023

Atención, rapaces e rapazas da Agualada! Chegan os concursos máis terroríficos deste curso... 👻👻👻

Haberá tres concursos diferentes: de cabazas, de disfraces e de relatos e debuxo. Animádevos a participar!





martes, 24 de octubre de 2023

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Hoxe, como cada ano, o 24 de outubro festexamos o Día das bibliotecas. É un día moi importante para nós, xa que a nosa biblioteca é un eixo fundamental para o noso cole. 

Para conmemoralo, e seguindo co lema deste ano "tecendo comunidades", esta semana comezaremos coas nosas preciadas MOCHILAS VIAXEIRAS. E deste xeito, compartir a nosa biblioteca coa comunidade e sobre todo, con vós, as familias do noso cole.










miércoles, 18 de octubre de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES - 1º TRIMESTRE

 Xa empezamos coas lecturas compartidas deste trimestre cos padriños e madriñas. Aquí tedes un vídeo- resumo do primeiro día que foi estupendo; apetécevos velo?

lunes, 16 de octubre de 2023

16 OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe celebramos na nosa biblio o día das escritoras. Non podíamos olvidarnos delas porque, gracias a elas, temos algunhas das nosas historias favoritas. 

Deixamos por aquí unha pequena colección de libros das diferentes idades feitos por escritoras: Olga de Dios, Adela Turín, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anna Llenas... pero hai moitísimos libros máis que podedes ler na nosa biblio!




miércoles, 4 de octubre de 2023

VISITA DO MAGO TETO

O luns 2 de outubro recibimos no cole a marabillosa visita do Mago Teto. Fíxonos un montón de trucos asombrosos e nos divertimos un montón, dende os máis pequenos ata os maiores (profes incluidas!!).
Isto si que é unha boa maneira de empezar a semana 😊
Grazas ao Concello de Coristanco por facernos pasar tan bos ratos. Oxalá ter pronto outra sorpresa coma esta.