lunes, 9 de diciembre de 2019


Día contra a violencia de Xénero
Día da discapacidade


Nestas pasadas semanas o noso centro levou a cabo varios actos co fin de dar visibilidade a dúas datas importantes: 

- 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

- 3 de decembo: Día da Discapacidade.

Dende a biblioteca do centro temos expostos varios libros que teñen relación con estas conmemoracións e a visibilidade que queremos dar.

Todos estes libros estarán a disposición de o alumnado, os país e os mestres para a súa lectura e consulta.



jueves, 5 de diciembre de 2019

Mes da Ciencia en Galego


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Este mes de Novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria, levaron a cabo unha exposición cos traballos que fixeron nas aulas. 

Os traballos foron explicados e expostos aos alumnos e alumnas do noso centro.

Gracias por ese gran traballo.

Esperámosvos o próximo ano.


viernes, 25 de octubre de 2019

24 de outubro: DíA DA BIBLIOTECA

Hoxe no noso centro, nenos, nenas e mestres deixamos, diante da nosa Bibliocova, a evidencia dun dos nosos mellores recordos de lectura: "O libro que máis e mellor recordamos".


miércoles, 9 de octubre de 2019





O día internacional da biblioteca conmemórase o día 24 de outubro. Esta data foi elexida en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo. Esta biblioteca fora destruida durante o conflicto balcánico.
Por isto, en esta data, intentamos dar visibilidade á importancia que teñen as bibliotecas nas comunidades sociais e educativas e a súa contribución na educación e a cultura.
Co fin de levar a cabo a celebración do día da biblioteca o próximo día 24 de outubro levaremos a cabo un acto no que todos levaremos á nosa biblioteca o título do libro que mais nos gostou e que recordamos dun xeito especial. Por favor, escrebe por qué ese libro fica n teu recordo.




Desde a Biblio Cova gustaríanos mostrar o noso agradecemento ao centro comercial Carrefour de Coristanco, pola doazon dun carro de compra para a nosa disposición no cole. Seranos de especial utilidade e sacaremoslle moito partido este curso posto que xa temos en marcha diversos proxectos dos cales será un dos protagonistas indispensables. GRAZAS!







Desde a Biblio cova do centro queremos agradecer aos  Romeiros do caracol a estupenda actuación realizada para o noso cole o pasado luns, da cal puido desfrutar todo o alumnado do mesmo. Agardamos contar de novo con vós proximamente en vindeiras ocasións e pásalo de novo en grande como nesta.



.

martes, 24 de septiembre de 2019




Logo de xa iniciar o curso, chega o momento de poñer en marcha a nosa biblio cova, para iso procederemos a súa inauguración o vindeiro 30 de setembro de 2019 ás 13:30h, convidando a todos os nenos e nenas a visitar o noso espazo no cole.
Por ser unha ocasión tan especial, temos o pracer de presentarvos un fantástico espectáculo ofrecido polos Fantoches Baj quen representará para nós os Romeiros do caracol. Desexamos que vos guste e desfrutedes da estupenda actuación.


Coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Coristanco.

martes, 4 de junio de 2019

CONTACONTOS KALANDRAKA NA LIBRERIA PUNTO E COMA DE CARBALLO

   Os nenos de infantil e de 1º de primaria desprazáronse a Carballo a un contacontos de Kalandraka, na librería Punto e Coma, ós que lle agradecemos que nos convidasen. Disfrutaron de contos tan coñecidos como:
- "Elmer"
- "Ratiña Presumida"
- "Os esqueletos divertidos"
- "Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés"
- "Cándido"
Pasárono en grande!!!



jueves, 2 de mayo de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR!!

Pasamos unha gran tarde co apadriñamento lector, onde tamén realizamos un xogo de búsqueda, fixemos lectura do libro "A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas", a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, Raúl fíxono pasar un gran momento coa lectura do seu conto "O Pequeno Dragón" e tivemos tempo tamén para o micro aberto.










EBOOK VIAXEIRO EN MARCHA PARA 3º CICLO!!

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.

CONTO DE RAÚL!!



Moitas gracias e noraboa a Raúl por deleitarnos co seu conto " O Pequeno Dragón". Raúl agradeceu ó seu mestre Sergio a sua axuda, que o motiva para escribir.

jueves, 25 de abril de 2019

ETAPA VIRTUAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO NA ETAPA RONCESVALLES-PAMPLONA






Comezamos hoxe a visualización da etapa do camiño de Santiago entre Roncesvalles e Pamplona coas nosas gafas virtuais. Poidemos ver velas rutas por montes, pobos, entramos nun albergue, nunha tenda de peregrinos, pasamos polos San Fermins....  Unha experiencia na que disfrutamos moitísimo!!!


TEATRO LIDO NA BIBLIOCOVA



Tres alumnas de sexto (Lucía Imia, Lucía Rial e Ainara) interpretaron de maneira xenial unha obra de tetro, con títeres incluídos ós máis peques do cole. Pasárono xenial!


viernes, 22 de marzo de 2019

ENCONTROS PLAMBE!!

Estamos nos encontros anuais do plan de mellora de bibliotecas escolares. Esperamos levar novas ideas e actividades para a nosa bibliocova.😉





miércoles, 13 de marzo de 2019

CONTACONTOS DO GRAN IAGO LOPEZ!!

Tivemos o pracer de poder contar na nosa biblioteca co coñecido Iago López, que nos fixo rir e pensar ós nenos de infantil é primeiro ciclo co conto "O cociñeiro Martiño". 
Ós nenos de segundo e terceiro ciclo contounos unha historia sobre un neno chamado Iván Olsen, que nos fixo meditar e tomar conciencia sobre o acoso escolar.