martes, 21 de diciembre de 2021

Recomendacións de Nadal

 Bo día! Último día de cole antes das vacacións de Nadal, moita ilusión e moitos nervios. E dende a biblio traémosvos as recomendacións lectoras para este Nadal. Como sabedes, a lectura é algo moi importante e que nos acompaña sempre, e aquí tedes moitas historias desas que vos acompañarán moito tempo. 

Nesta guía de lectura podedes atopar diferentes títulos en castelán e en galego, así como un xogo de mesa, dirixidos ás diferentes edades: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos e lectores expertos. Esperemos que vos gusten moito estas recomendacións, non esquezades metelas nas vosas listas de reis! Feliz Nadal, feliz aninovo e feliz lectura!



martes, 14 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 Bo día! Xa estamos en decembro, pero cómpre non olvidar todo o que vivimos este trimestre. O pasado mes de novembro celebramos no cole "O mes da ciencia en galego". Para festexalo, fixemos nas aulas de todo o cole un montón de experimentos sobre alimentación, auga, electricidade estática... 

Aquí debaixo podedes ver algunhas fotos das actividades, pasámolo de marabilla! Nestas fotos estamos alumnado de primaria e máis de infantil, porque os experimentos non teñen idade! Canto aprendemos neste mes. Feliz lectura!






viernes, 26 de noviembre de 2021

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 25N

 Bo día, hoxe o equipo da biblioteca trae unha entrada moi especial, xa que, como sabedes, onte celebramos no cole o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N. Unha data da que nós, pero tamén toda a comunidade educativa, estamos moi concienciados de cambiar. 

Para celebralo no cole, fixemos un montón de actividades chulas. Empezamos xa hai unhas semanas decorando o cole, que podedes ver nas fotos o chulo que nos quedou: as portas, os lazos xigantes, as ventás, as mensaxes, o mural... todo contra a violencia. 




Tamén fixemos unha exposición de libros importantes para estas datas, sobre violencia de xénero, mulleres poderosas, a figura da muller, protagonistas chicas... todos son chulísimos! Sabedes que todos estes libros podedes atopalos na biblio verdade? 


Ademais, tivemos a sorte de vivir unha experiencia única! Gravamos un videoclip chulísimo versionando unha canción moderna, que seguro que todos coñecedes xa! Pois nós cambiámoslle a letra e, coa axuda de Velaísca Proxectos Educativos, creamos un vídeo así de chulo: 

Por último, tamén conmemoramos esta data dentro das nosas aulas, traballando na importancia do rexeitamento da violencia con diversas actividades que nos propuxeron os profes. Esperamos que nalgún momento esta data desapareza do calendario. Mentres tanto, seguiremos na loita contra a violencia de xénero. Feliz lectura!



lunes, 22 de noviembre de 2021

Recomendacións de novembro

Bo día! Aínda que xa metidos no mes de novembro, aquí chegan as recomendacións lectoras para este mes. 

Como sabedes, neste mes celebramos o día 25 o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ademais de ser o mes da ciencia. Polo tanto, as nosas recomendacións do equipo de biblioteca van por estes camiños.

Recordade que todas elas as podedes encontrar na nosa biblio! E algunha delas na exposición que podedes atopar no corredor. Feliz lectura!

viernes, 19 de noviembre de 2021

Día das librarías

 O pasado 11 de novembro celebramos o día das librarías na biblioteca escolar. Un día moi importante porque, gracias a elas, podemos contar con todos os marabillosos libros e historias que forman parte da nosa vida e da nosa biblio do cole. 

  Para festexalo, compartimos con vós unha foto moi especial na que unha libraría que colabora coa nosa biblio cada ano, nos trouxo unha gran variedade de libros nunha exposición moi interesante e que nos encantou a todos. Feliz día das librarías!




martes, 26 de octubre de 2021

Día das bibliotecas

 Bo día! Seguimos coa celebración do Samaín, pero non nos olvidamos de que este domingo foi o día das bibliotecas, e para celebramo deixamos por aquí o cartel das bibliotecas escolares para este ano. 

Baixo o eslogan "A biblioteca escolar ten a palabra", deféndese que a biblioteca deberá ser quen teña a palabra dentro do centro escolar. 

A nosa biblioteca aínda está en formación, xa que estamos remodelándoa e deixándoa moi chula. Temos moitas ganas de ensinárvola, pero aínda ten que esperar un pouquiño máis. Feliz día das bibliotecas e feliz lectura!

lunes, 25 de octubre de 2021

Celebrando Samaín

 Hoxe, 25 de outubro, comezamos a celebración da semana do Samaín! Nesta semana chea de actividades, celebracións e propostas pasarémolo xenial. 

Comezamos hoxe, luns, traendo algo terrorífico na cabeza e mostrando parte da nosa decoración. Nesta foto podedes ver un dos murais do cole e as propostas de "lecturas terroríficas" da nosa biblio. 

Ademais, recordavos que hoxe remata tamén o concurso de relatos terroríficos, pronto saberemos os gañadores!

E non olvidedes de traer a vosa cabaza preparada para a exposición. As mellores cabazas levarán premio: a máis terrorífica, a máis orixinal... 

O lobo Seitodo está preparado para pasar moooito medo. Feliz Samaín!

lunes, 14 de junio de 2021

Este verán podemos ler...

 


Encontro virtual con Ledicia Costas

 Hoxe tivemos o placer de coñecer ¨virtualmente¨ a Ledicia Costas, mil grazas Ledicia pola túa amabilidade e o entusiasmo co que falas aos máis pequenos. Eles estiveron moi atentos e divertidos nas preguntas. 















lunes, 10 de mayo de 2021

Enquisa funcionamento da biblioteca escolar 2020/2021

Co obxectivo de continuar mellorando no noso traballo e o funcionamento da biblioteca escolar pregámosvos a que cubrades a seguinte enquisa. 



 Moitas grazas pola colaboración.

miércoles, 21 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

Día do libro 2021: Persoa lectora

Seguindo a proposta da Asesoría de bibliotecas escolares decidimos crear a nosa "persoa lectora". Cada clase do centro colaborou cunha parte do corpo  e finalmente enchemos o puzzle. 

Queremos destacar a importancia persoal que teñen as lecturas formando parte da nosa vida e acompañándonos ao longo de toda ela.


lunes, 12 de abril de 2021

miércoles, 7 de abril de 2021

Abril: mes do libro

 O 23 de abril, día do libro, conmemórase o nacemento de Cervantes. 

Quen é Miguel de Cervantes? e cal é a súa obra?

Aquí vos deixamos uns vídeos que volo explican:

 

martes, 23 de marzo de 2021

PDI: Producto final 1º e 2º de Educación Primaria

Comezan a chegar os podrutos finais do noso PDI. Os nenos e nenas de 1º e 2º traballaron sobre o Inventario Ilustrado de Animais de Kalandraka e despois fixeron o seu propio inventario sobre a fauna e flora da zona.

Moi bo traballo !




sábado, 20 de marzo de 2021

Día da Poesía 2021

Queremos celebrar con vos o día da Poesía. Este ano aproveitando os novos recursos da nosa biblioteca fixemos un vídeo coa colaboración de todo o cole! Esperamos que disfrutedes con "La Canción del Pirata" de Espronceda. 

 

martes, 9 de marzo de 2021

viernes, 5 de marzo de 2021

8M: Entrevista a mulleres de Agualada

 Co gallo da celebración do día da muller, entrevistamos a mulleres do noso entorno:

. Silvia, mamá e colaboradora do comedor.

. Verónica, mamá e colaboradora do comedor.

. Mari Luz, mamá e colaboradora do comedor.

. Sonia, axudante de cociña no noso cole.

. Pilar, persoal de limpea do noso centro.

Moitas grazas a todas elas por participar e as nenos e nenas 6º pola preparación da entrevista.



lunes, 1 de marzo de 2021

miércoles, 24 de febrero de 2021

Inauguración da Radio con Rosalía

Os nenos e nenas de 1º e 2º gravaron Adios ríos, adiós fontes.

Día de Rosalía

 Hoxe no día de Rosalía temos a seguinte proposta de actividade:

Códigos QR ao longo de toda a biblio creativa para coñecer sobre a autora, quen era, como era a súa familia, os seus amigos e amigas, as súas obras, os seus poemas e para finalizar un espectacular genialy.

lunes, 22 de febrero de 2021

Familias de conto I

 Seguimos recibindo os vosos vídeos, Sabela de 1º e a súa mamá cóntannos o conto "Paco".


     

A mamá de Isaac de 4º de Educación Infantil tamén se animou a contarnos unha historia.


                       

Esperamos os vosos contos!!!


viernes, 19 de febrero de 2021

Día da Radio

 O 19 de febreiro é o día da Radio. 

No noso cole por fin temos a nosa radio en funcionamento. Levaba xa anos con nós, xa que é unha gran herdanza de anos anteriores e agora xa a temos lista para gravar programas. O primeiro deles, está a piques de estrearse.





jueves, 18 de febrero de 2021

Familias de conto

Estreamos temporada de familias de conto!!
Este ano ten que ser na distancia polas medidas COVID19. 

Mil grazas a Verónica, mamá de Nico de 1º e Sara de 5º de Infantil por compartir estas lecturas con nós.



 




sábado, 13 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Este ano a temática do entroido xira arredor do PDI: Descubrindo Agualada. Cada unha das clases foi disfrazados do tema das investigacións que están a realizar. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro: Día da muller e da nena na ciencia

Neste día queremos compartir con vós os seguintes vídeos sobre mulleres científicas, que tamén foron nenas.


Ademais os nenos e nenas de sexto traballaron as seguintes mulleres científicas:

viernes, 5 de febrero de 2021

Mandados do Meco

Neste curso tan extraño, os mandados do Meco son sobre o PDI! Moi atentos

 

lunes, 1 de febrero de 2021

Mes de xaneiro na biblio creativa

 Neste mes de xaneiro os nenos e nenas estiveron a crear pombas da paz, gravaron cuñas publicitarias da carreira e deixaron as súas mensaxes de PAZ.

No recuncho do proxecto xa están listos algúns dos cruceiros, de feito algúns nenos e nenas visitaron o de Agualada. 

Moi atentos que este mes comezan novas actividades!

jueves, 28 de enero de 2021

Día da Paz 2021 en Agualada

 Aquí deixamos o traballo feito polos nenos e nenas do cole, cada curso investigou sobre un premio Nobel e despois escollimos o noso Premio Nobel da Paz de Agualada.


 

O noso gañador do Premio Nobel da Paz de Agualada foi David!!! Na súa clase están moi contentos!

Moitas felicidades !!!



martes, 26 de enero de 2021

Día da Paz 2021

Dende a radio do cole queremos darvos a información relativa a carreira solidaria que se vai levar a cabo no cole o día da Paz.

Escucha"Carreira solidaria Save the chidren 2021" en Spreaker.

Ademáis deixámosvos unhas novas recomendacións lectoras para estos días:






Lembrade que proximamente anunciaremos ao gañador do Premio Nobel da Paz de Agualada!! Estade moi atentos!!!!

lunes, 18 de enero de 2021

APERTURA DA AULA DE CREATIVIDADE


Despois dun trimestres cheo de obras no cole....Xa temos a nova AULA DE CREATIVIDADE operativa para que poidades acudir cos vosos titores/as ou nos recreos de choiva. 

PROPOSTAS PARA O MES DE XANEIRO:

NO RECUNCHO DO PROXECTO: elaboramos o cruceiro da localidade con variedade de materiais. 

Pola conmemoración DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ:
  • Fabricar pombas de Origami.
  • Gravar as vosas mensaxes de paz e deixalas escritas.





viernes, 15 de enero de 2021

PDI: Descubrindo Agualada

Xa comezaron as investigacións do PDI, cada aula coa súa temática escollida. 

Educación Infantil: Música e folclore

1º e 2º de Educación Primaria: Animais e plantas.

3º de Educación Primaria: o clima

4º de Educación Primaria: Gastronomía.

5º de Educación Primaira: Parroquias de Agualada.

6º de Educación Primaria: sectores económicos.

Aquí unha pequena mostra de como comezaron o traballo: