martes, 28 de noviembre de 2017

O LIBRO VIAXEIRO!!


Dende o equipo da biblioteca comezamos a organizar o Libro Viaxeiro. Para esto queremos implicar a todas as familias. Pretendemos que  entre todas elas escribades un conto. Os nenos levarán o libro para a casa, leerédelo con eles  e despois añadiredes 2 ou 3 liñas (educación infantil) e 4 ou 5 liñas (educación primaria). O conto comeza : Había unha vez en Roma un neno... Como rematará?.

Cando o libro esté rematado, subirémolo ó blog. Esperemos que vos guste esta actividade e que a disfrutedes con vosos nenos.

martes, 14 de noviembre de 2017

ÁRBORE ROMANA

Temos nova decoración coa árbore romana na entrada da Bibliocova. Iremos completándoa durante o curso. Esperemos que vos guste!!