miércoles, 10 de octubre de 2018

EN MARCHA A BIBLIOTECA DE AULA!!

 Tendo en conta o éxito do curso pasado comezamos coa BIBLIOTECA DE AULA! Cada profesor escolle unha  serie de libros para a súa aula. Cada neno pode levar os títulos que desexe para a súa casa. Unha vez lido o libro, realizará unha ficha do libro. Despois marcarán no taboeiro que teñen na clase si lle gustou moito, algo ou nada. Isto sérvenos tamén ó equipo de biblioteca como indicador de que coleccions ou editoriais lle gustan máis. Cada final de trimestre elixiremos ó mellor lector de cada aula.

martes, 9 de octubre de 2018

MOJÓN DO CAMIÑO NA BIBLIOCOVA


Xa temos na entrada da biblioteca o noso mojón do Camiño de Santiago que nos sinala a entrada da Bibliocova. 





AGASALLO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO



Comezamos o curso e dende o equipo de biblioteca quixemos agasallar ós noso nenos de infantil ata 3º de primaria con un conto dos Bolechas sobre o Camiño de Santiago e con unha guía do Camiño Francés. Desexamos que sexa unha lectura conxunta nas familias e que serva para fomentar esta. Que teñades bo curso!!



lunes, 24 de septiembre de 2018

MURAL PARA QUE OS PEQUES SE FAMILIARICEN CO CAMIÑO DE SANTIAGO













XA ESTAMOS ABERTOS UN ANO MÁIS!!

Olaaaaa a todos un ano máis!! Xa temos aberta a nosa bibliocova co novo eslogan deste ano, relacionado co tema que vai rodear o novo curso: "O CAMIÑO DE SANTIAGO". Pronto vos iremos achegando novas novidades que teremos. BO CURSO!!





martes, 29 de mayo de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR!!

Hoxe celebramos o apadriñamento lector. Os maiores exerceron de padriños, buscaron os seus afillados lectores e léronlle un conto. Todos tiñan o seu montaxe de romanos. Rematamos o día cun xogo de búsqueda e coa lectura colectiva dun fragmento do libro "Mar adiante" de María Victoria Moreno.










 

martes, 22 de mayo de 2018

RISAS CO CASTIÑEIRO ROMANO ANXO MOURO

Disfrutamos no día de hoxe co contacontos Anxo Mouro. Sorprendiunos coa súa vestimenta de árbore romano e fíxonos pasar uns bos momentos nas tres sesións que estivo con nós, con grandes aprendizaxes acerca do mundo romano.