viernes, 25 de octubre de 2019

24 de outubro: DíA DA BIBLIOTECA

Hoxe no noso centro, nenos, nenas e mestres deixamos, diante da nosa Bibliocova, a evidencia dun dos nosos mellores recordos de lectura: "O libro que máis e mellor recordamos".


miércoles, 9 de octubre de 2019





O día internacional da biblioteca conmemórase o día 24 de outubro. Esta data foi elexida en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo. Esta biblioteca fora destruida durante o conflicto balcánico.
Por isto, en esta data, intentamos dar visibilidade á importancia que teñen as bibliotecas nas comunidades sociais e educativas e a súa contribución na educación e a cultura.
Co fin de levar a cabo a celebración do día da biblioteca o próximo día 24 de outubro levaremos a cabo un acto no que todos levaremos á nosa biblioteca o título do libro que mais nos gostou e que recordamos dun xeito especial. Por favor, escrebe por qué ese libro fica n teu recordo.




Desde a Biblio Cova gustaríanos mostrar o noso agradecemento ao centro comercial Carrefour de Coristanco, pola doazon dun carro de compra para a nosa disposición no cole. Seranos de especial utilidade e sacaremoslle moito partido este curso posto que xa temos en marcha diversos proxectos dos cales será un dos protagonistas indispensables. GRAZAS!







Desde a Biblio cova do centro queremos agradecer aos  Romeiros do caracol a estupenda actuación realizada para o noso cole o pasado luns, da cal puido desfrutar todo o alumnado do mesmo. Agardamos contar de novo con vós proximamente en vindeiras ocasións e pásalo de novo en grande como nesta.



.