Onte, 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz. Para traballalo, no CEIP Bormoio Agualada puxémonos mans á obra e fixemos un montón de actividades.
Por unha parte, realizamos o mural "QUE CHOVA PAZ". Nel, todos os nenos e nenas do cole decoramos gotas de chuvia de diferentes tamaños con palabras e frases de paz, e quedou tan bonito como podedes ver na foto. É chulísimo!
Ademais, coa profe María decoramos o cole e fixemos uns murais moi bonitos coa pomba da paz, o símbolo da paz e a palabra paz en inglés. O resultado é moi chulo! E temos os corredores cheos de paz.
Por último, traballamos o día da Paz dende o noso PDI: Os deportes olímpicos. Para iso, investigamos nos deportes que estamos a traballar cada clase diferentes xestos de deportividade e xogo limpo. O resultado é o "podcast" que tedes a continuación, onde amosamos todo o noso traballo. Esperamos que vos guste!Feliz Día da Paz e feliz lectura!