lunes, 23 de enero de 2017

QUERIDAS FAMILIAS. TEDES SUXERENCIAS PARA O VOSO RECUNCHO?

Dende a  equipo de biblioteca invitámosvos a que nos deixedes as vosas suxerencias para adquirir algún exemplar para o recuncho "Se ti les, él le".
Podedes facelo mediante o blog, unha nota enviada polo neno ou directamente contactando con nós. ANIMÁDEVOS!!!



EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS E OS EBOOKS VIAXEIROS!! A DISFRUTAR NENOS E FAMILIA!!

 

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.