martes, 15 de noviembre de 2016

NOVOS EXEMPLARES PARA O RECUNCHO DOS PAIS

POUCO A POUCO VAMOS COMPLETANDO O RECUNCHO DOS PAIS. VOLVEMOS A RECORDAR QUE PODEDES PROPOÑERNOS NOVOS TÍTULOS.

O CURRUNCHO DAS ARTES ESCÉNICAS

Xa inaguramos o noso recuncho das Artes Escénicas, onde tedes todo o  material relacionado co noso tema troncal deste curso. Recordade que podedes propoñer máis material do voso interese.




miércoles, 28 de septiembre de 2016

NOVIDADE!!! SE TI LES, EL LE. RECUNCHO DOS PAIS. ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN.

NOVIDADE!! ESTE ANO CREAMOS UN RECUNCHO DE LIBROS NA ENTRADA DO COLEXIO DESTINADO ÓS PAIS. AS TEMÁTICAS SON VARIADAS: DENDE LIBROS DE PSICOLOXÍA INFANTIL ATA NOVELAS. ANIMÁMOSVOS A FACER O VOSO CARNET DE BIBLIOTECA. ESPERAMOS IR AUMENTANDO OS VOLUMES E VÓS PODEDES COLABORAR SUXERINDO TÍTULOS: MEDIANTE NOTAS ENVIADAS POLOS NENOS, NO MESMO RECUNCHO, NO APARTADO DE SUXERENCIAS OU MESMO DIRECTAMENTE FALANDO CON IVÁN. 



LAS ARTES SON POESIAS QUE SALEN DE LOS LIBROS


XA TEMOS COLGADA A FRASE CABECEIRA DA NOSA BIBLIOTECA PARA ESTE CURSO. ESTÁ RELACIONADA CO TEMA PRINCIPAL QUE IMOS TRATAR ESTE ANO "AS ARTES"









XA TEMOS ABERTA A NOSA BIBLIOCOVA!!

DENDE O PASADO DIA 19 DE SETEMBRO XA TEMOS ABERTA A NOSA BIBLIOTECA. TODOS PODEDES FACER USO DELA: ALUMNOS, PAIS, PROFES, EXALUMNOS.... QUE TEÑADES UN BO CURSO 2016-2017!!

jueves, 28 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR!!

O xoves 28 de Abril celebramos o APADRIÑAMENTO LECTOR. Os maiores do noso cole apadriñaron ós máis pequerrechos léndolles un conto. Os maiores, ó mesmo tempo, fixeron de investigadores, xa que con unha pista (parte dun puzzle relacionado cos transportes) tiñan que encontrar ó seu apadriñado.
Cada neno tamén escribiu na nosa pizarra educativa o nome do personaxe favorito dun libro.






martes, 1 de marzo de 2016

TEATRO NA BIBLIOCOVA!! A SEMANA CULTURAL: TRINKE-TRINKE

O Luns,9 de Maio teremos actuación na Bibiocova do coñecido grupo teatral Trinke-Trinke. Vannos a representar a todo o alumnado do cole a obra "Querida Ovella Negra".  


jueves, 4 de febrero de 2016

COMEZA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS PARA TERCEIRO CICLO

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE BORMOIO-AGUALADA  PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA O SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS DENTRO DO PROXECTO PILOTO E-LBE (E-Lectores nas Bibliotecas Escolares).



 O noso foi un dos centros seleccionados de entre más de 350 (IES, CIFP, CEIP, CPI, CEI … ) en toda Galiza para a posta en marcha deste proxecto piloto. É unha gran responsabilidade poder aportar a nosa experiencia neste ámbito. Para elo precisamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa á hora de participar a través do préstamo dos equipos xa que nos podedes aportar as vosas opinións sobre o manexo dos equipos e as “sensacións” como lectores.