lunes, 27 de noviembre de 2023

25 N Manifesto Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O lema do Concello de Coristanco é "Nin unha cadeira baileira máis" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.




5º e 6º de Educación Primaria foron a Usos múltiples no Concello de Coristanco e leron o seu manifesto en contra das violencias de xénero.

https://www.instagram.com/reel/C0EPsfwsU2h/?utm_source=ig_web_copy_link&igshid=MzRlODBiNWFlZA==

Deixámos aquí un vídeo do acto. 

Bo día a todos e a todas, somos o alumnado de 5º e 6º do CEIP Bormoio-Agualada e vimos en representación do noso centro a ler o noso manifesto contra a violencia de xénero para conmemorar o 25N, “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”. 

No noso país son moitas as mulleres que sofren e sufriron danos físicos e psicolóxicos. Por iso, en este acto queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas formas, xa que é unha das manifestacións de violencia máis extendida no mundo.

 Deste xeito, como futuras xeracións comprometémonos e gustaríanos: 

-Recibir formación na nosa etapa educativa sobre a violencia de xénero. 

-Apoiar e proporcionar axuda a calquera persoa que se atope nunha situación de violencia de xénero. 

-Opoñernos a toda clase de violencia. 

-Defender e respectar os dereitos humanos.

 -Ter un comportamento que non incite ao odio nin á violencia. 

-Solidarizarnos coas mulleres que padecen malos tratos. 

Durante esta semana estivemos realizando no colexio distintas actividades para traballar e concienciarnos sobre a necesidade de eliminar a violencia de xénero ademais de cómo nós podemos contribuir a este fin, ainda que a mellor aprendizaxe que levamos é que para conseguir isto necesitamos amosar unha actitude de respecto e igualdade no noso día a día, non só en datas concretas, xa que desta forma máis que solucionar un problema, conseguiremos previlo e evitar que suceda. 

Gustaríanos dar as grazas ás mulleres que loitan día a día polos seus dereitos e por dar visibilidade a situacións de violencia das que son víctimas, xa que grazas á súa valentía nós teremos un futuro mellor. 

Para rematar, dicir que xa que para que a eliminación da violencia de xénero é necesaria a colaboración de toda a sociedade, queremos despedirnos cas palabras que os nosos compañeiros dos demais cursos do noso colexio lles queren adicar ás mulleres que foron e son víctimas de violencia de xénero. Agarimo, liberdade, respecto, quérote, aperta, amor. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario