viernes, 2 de junio de 2023

"Coa música a todas partes". Produto final 1º/2º/3º Primaria

 Seguimos cos produtos finais das nosas clases, e para iso empezamos cos máis pequenos de Educación Primaria, os nenos e nenas de 1º/2º/3º. Eles escolleron facer tres grupos e traballar sobre tres estilos de música moi diferentes, e algo descoñecidos, pero moi chulos: escolleron o country, o jazz e mais o funk.

No seu traballo sobre o funk explicaron un pouquiño que é ese estilo musical, e ademais fálannos tamén sobre algúns dos instrumentos musicais máis utilizados e algúns artistas moi importantes para o estilo de música. Ademais, engaden un QR cunha canción que, de seguro, coñecedes todos, moi chula!

Respecto ao jazz, a estrutura do traballo é moi semellante, falando sobre o que é este estilo musical, destacando aqueles instrumentos máis utilizados e algúns dos músicos do jazz máis coñecidos. Engaden tamén un QR no que podemos ver a Lisa Simpson, gran artista de jazz dos debuxos animados. 

E por último, fixeron tamén un traballo sobre o country, outro estilo de música pouco coñecido pero moi chulo. Descubriron sobre el tamén os instrumentos e algún artista importante, e descubriron tamén unha canción en castelán moi chula! Seguro que tamén vos gusta a vós, moitos a coñeceredes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario