jueves, 2 de junio de 2022

Avaliación da biblioteca

 Boas de novo! Atopámonos xa no mes de xuño e queda moi pouco curso por diante. Iso quere dicir que é momento de botar a vista atrás e valorar todo o camiño percorrido xuntos. Por este motivo, solicitamos a colaboración de familias e alumnado para poder avaliar o funcionamento da biblioteca neste curso escolar 2021/2022. 

Dende o equipo de biblioteca, deixámosvos dous enlaces a cuestionarios moi sinxelos de realizar, que non vos levará máis de 10 minutos, e que para nós son de grande axuda con vistas a mellorar o próximo ano. 

Cuestionario para alumnado: Preme aquí para acceder ao cuestionario de alumnado

Cuestionario para familias: Preme aquí para acceder ao cuestionario

Moitas gracias pola vosa colaboración e, coma sempre, feliz lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario