miércoles, 6 de abril de 2022

Asociación VISIBLES no CEIP de Bormoio-Agualada

Bo día de novo! Como sabedes, no mes de marzo festexamos no noso centro o día Internacional da Muller (8M), e, ademais das actividades que xa coñecedes, tamén contamos coa colaboración da asociación VISIBLES, que viñeron facer connosco algunhas actividades chulísimas.

Por unha banda, contamos con unha charla moi interesante impartida por mulleres da asociación que nos falaron da importancia da muller en todos os contextos da vida, e do seu papel na sociedade. Os nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria tiveron a sorte de poder escoitalas. 


Ademais, tamén por parte da asociación, contamos no mes de marzo cunha exposición denominada "Sen elas non hai música", que podedes visitar no corredor principal do noso centro. Nela fálannos dalgunhas mulleres moi importantes ao longo da historia da música. Ademais, pasáronnos un enlace á súa canle de youtube onde podemos escoitar música de todas estas mulleres. 



Por último, aínda que neste caso non ten que ver coa asociación visibles, dende o concello de Coristanco regaláronnos a todo o centro educativo (mestres e alumnado) un marcapáxinas moi bonito, como podedes ver na foto, pero tamén moi especial. Se o mollades e o plantades na terra, poderedes ver crecer unhas flores violetas como as da imaxe, xa que contén sementes dentro! É unha pasada! 


Esperamos que vos gusten todas as actividades que fixemos dende o cole para conmemorar este día tan especial. Feliz día da muller e, coma sempre, feliz lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario