miércoles, 11 de marzo de 2020

CONVIVENCIA CANOSA-RUS

O luns tivemos a oportunidade de acudir ao colexio de Canosa-Rus para participar nunha convivencia e ao mesmo tempo puidemos gozar dunha estupenda visita pola súa biblioteca, a cal nos fascinou e da que trouxemos importantes ideas que intentaremos levar a cabo na biblio do noso centro. Agradecemos por tanto, a súa xenerosidade así como a súa colaboración  e o intercambio de experiencias marabillosas e enriquecedoras. Estamos seguros de que os vindeiros serán unha gran fonte de inspiración para nós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario