jueves, 12 de junio de 2025

 Romaria na Rocheira


Con motivo do peche do noso PDI Galicia Ancestral, realizaremos una gran Romaría na Rocheira na que desfrutaremos de moitas actividades. Animádevos a vir e a desfrutar 





martes, 27 de mayo de 2025

Avaliación da biblio

 Como cada ano, aquí vos traemos as enquisas para valorar o noso traballo este curso. Moitas gracias por axudarnos a mellorar! Pulsade nos enlaces para entrar

Enquisa para alumnado

Enquisa para familias

jueves, 15 de mayo de 2025

 Beltane 

Seguindo coas nosas celebracións celtas referidas ao PDI, damos a benvida a Beltane.

Beltane fai referencia á coñecida celebración dos maios que significa que xa vai alá a metade do ano celta (que dera comezo no samaín), nesta ocasión toca honrar á nai natureza como gran dadora de vida (de ahí a celebración do día da nai) e sobretodo venerando ás flores como se pode observar no noso altar.




 Gran xincana semana do libro

Para rematar a nosa semana do libro levouse a cabo una gran xincana na que todos o pasamos xenial






 Semana do libro 


Con motivo da celebración do día do libro, 23 de Abril, dende a biblioteca organizaronse unha serie de actividades que se levaron a cabo durate toda a semana na hora do recreo onde tanto nenos, como nenas, como mestres desfrutados dun momento agradable e divertido.
























 

jueves, 20 de febrero de 2025

jueves, 13 de febrero de 2025

Novidades da biblioteca

 https://www.instagram.com/p/DF-ULpSNIfS/?img_index=1 



Os Libros da Titiriteira

📚🎭 Este pasado luns 10 de febreiro, as nenas e nenos de infantil gozaron dunha obra de teatro na nosa biblioteca escolar.

A través de "Os Libros da Titiriteira", quixemos transmitir a importancia de fomentar desde pequenos o gusto e o interese pola lectura.

A narradora de "A Xanela do Maxín" que nos acompañou foi xenial! Fixo que os pequenos e pequenas se sentiran súper cómodos, permitindo que tocasen todo, interactuaran e, sobre todo, gozaran ao máximo da experiencia.
Non se tratou dun espectáculo de títeres común nin dun contacontos habitual, senón que mesturou ambos conceptos para dar vida a grandes libros cheos de pequenas historias onde todo é posible. 🧸📖

Unha actividade que sen dúbida axuda a cultivar a imaxinación e a conexión co marabilloso mundo dos libros.

https://www.instagram.com/p/DGA5DxKtEx7/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

CANDELORIA E IMBOLC


 Dando continuidade ó noso PDI Galicia Ancestral, toca celebrar o renacer da natureza.

Este día simboliza  que medio inverno vai fora, e tamén o día no que os paxariños casan, un recordo de que a primavera está cada vez máis preto. 

Todos os nenos e nenas fomos ao campo para sentir a enerxía da Terra, respirar aire fresco e conectarnos coas nosas traicións máis ancestrais. Aproveitando dito paseo os nenos e nenas prepararon previamente nas aulas uns atadiños de comida para deixarlle ós paxariños no seu hábitat natural.




https://www.instagram.com/p/DF8C8i2tNJ1/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA== 


Julen

Seguimos pola andaina de coñecer a nosa Galicia máis Ancestral. Seguindo co noso PDI, desta ocasión, toca celebrar o Julen, que simboliza o momento de maior escuridade de todo o ano, no cal se rinde homenaxe ó Deus masculino ou Deus Sol, representado por un animal astado coa intención de facer un chamamento á luz, xa que a partir de 21 de decembro os días comezan a medrar, comumente coñecido como o Solsticio de inverno (JULEN)