CONVIVENCIA CANOSA-RUS
O luns tivemos a oportunidade de acudir ao colexio de Canosa-Rus para participar nunha convivencia e ao mesmo tempo puidemos gozar dunha estupenda visita pola súa biblioteca, a cal nos fascinou e da que trouxemos importantes ideas que intentaremos levar a cabo na biblio do noso centro. Agradecemos por tanto, a súa xenerosidade así como a súa colaboración e o intercambio de experiencias marabillosas e enriquecedoras. Estamos seguros de que os vindeiros serán unha gran fonte de inspiración para nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario