Hoxe no noso centro, nenos, nenas e mestres deixamos, diante da nosa Bibliocova, a evidencia dun dos nosos mellores recordos de lectura: "O libro que máis e mellor recordamos".
viernes, 25 de octubre de 2019
miércoles, 9 de octubre de 2019
O día internacional da biblioteca conmemórase o día 24 de outubro. Esta data foi elexida en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo. Esta biblioteca fora destruida durante o conflicto balcánico.
Por isto, en esta data,
intentamos dar visibilidade á importancia que teñen as bibliotecas nas
comunidades sociais e educativas e a súa contribución na educación e a cultura.
Co fin de levar a cabo a
celebración do día da biblioteca o próximo día 24 de outubro levaremos a cabo un
acto no que todos levaremos á nosa biblioteca o título do libro que mais nos
gostou e que recordamos dun xeito especial. Por favor, escrebe por qué ese
libro fica n teu recordo.
Desde a
Biblio Cova gustaríanos mostrar o noso agradecemento ao centro comercial
Carrefour de Coristanco, pola doazon dun carro de compra para a nosa
disposición no cole. Seranos de especial utilidade e sacaremoslle moito partido
este curso posto que xa temos en marcha diversos proxectos dos cales será un
dos protagonistas indispensables. GRAZAS!