miércoles, 25 de enero de 2012

Avaliación da escritura.

Á hora de avaliar as composicións escritas do alumnado é preciso diferenciar certos aspectos que, aínda interrelacionados entre sí, supoñen diferentes dimensións do proceso escritor. Saber diferenciar cada dimensión determina o tipo de dificultade que o alumno/a pode presentar e o que hai que facer para axudarlle a superala.
O documento que presentamos está directamente relacionado coa competencia lingüística e consiste nunha síntese de ideas acerca dos criterios e ítems que debemos ter en conta cando valoremos as produccións dos nosos alumnos/as.
Esperamos que vos sexa útil.


Éste é o enlace para o documento en pdf, aquí.

sábado, 21 de enero de 2012

Exposición de fotografía.

Para aqueles/as que teñan previsto viaxar á capital de España próximamente e que, ademáis, sexan amantes da fotografía, entre os días 10 de xaneiro e 15 de marzo a fotógrafa autodidacta galega Carla Andrade (1983) exporá no Eurostars I-hotel a súa obra máis recente baixo o título "Último retorno".

Licenciada en Comunicación Audiovisual, realizou talleres con fotógrafos como Bernard Plossu ou Vari Caramés. Finalista en festivais internacionais e en diversos premios, a súa obra foi exposta en Rumanía, Portugal, España e, próximamente en EEUU onde ten previsto participar nunha mostra colectiva no mes de outubro (New York Biennale Art 2012-2013, Javits Center. New York).

Repasando a súa páxina web atoparédesvos con fotografías que conteñen paisaxes suspendidas, irracionais e moi familiares xa que algunhas delas pertencen á Costa da Morte.
Aquí vos deixo algúns enlaces onde afondar.

Entrevista de Sabela A. Manzano a Carla Andrade. Pincha aquí.
Galería de Carla Andrade. Pincha aquí.

martes, 17 de enero de 2012

Familias lectoras.

Ser pai/nai non é tarefa sinxela. Qué vos imos a dicir! Como educadores tedes que enfrontarvos, cada día, a situacións incómodas. Quen non se desesperou algunha vez ante a negativa do voso cativo/a a probar alimentos novos? Sabemos cómo actuar ante as rabechas? E que dicides daqueles rapaces/rapazas que non saben aceptar un "non" como resposta?

Dende a biblioteca do cole propoñémosvos uns cantos exemplares de consulta que orientarán a vosa conducta ante éstes e outros conflictos. Trátase de obras de carácter práctico, con consellos para aplicar e que, de seguro, botaranvos unha man no día a día.

Pinchade aquí e accederedes a unha pequena sinopse dos libros cos que contamos.

domingo, 15 de enero de 2012

30 de Xaneiro. Día da Paz.

A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das finalidades que se plantexa o noso sistema educativo. Este ano, ademáis, conmemórase o 64 aniversario da morte de Gandhi.
Éstas son as nosas propostas para que nas aulas se faga referencia a ese día, tendo en conta os recursos da biblioteca.



Ademáis, se pinchades aquí enlazaredes coa canción escollida este curso polo cole. Trátase de "Somos amigos" de Cantajuego.

Outros recursos interesantes atoparédelos aquí.

viernes, 13 de enero de 2012

Nova adaptación de "O mago de Oz".

Se dispoñedes duns minutiños recomendámosvos que lle botedes unha ollada a este clásico universal en versión cómic. "O mago de Oz" de L. Frank Baum, a cargo do guionista Eric Shanower e do debuxante Skottie Young, está considerado como un dos tebeos mellor debuxados dos últimos anos. Só durante o ano 2010 acadou dous premios Eisner á Mellor Serie Limitada e á Mellor Publicación para Nenos/as.

Os deseños das personaxes son moi interesantes. O León cobarde é unha auténtica bola de pelo da que resulta imposible non namorarse. E qué imos a dicir de Dorothy, do espantallo e do home de latón.


Hai máis Clásicos Ilustrados Marvel pero, sen dúbida, éste parece ser un dos mellores.

jueves, 12 de enero de 2012

E máis poesía.

Semella que lle collemos o fío a este xénero literario e non imos deixar escapar a oportunidade de recurrir a este estupendo exemplar de Fran Alonso. "O meu gato é un poeta" trata de transmitir a poesía dun xeito lúdico e, sobre todo, accesible.
Podemos atopar xogos de palabras, caligramas, narracións... e tamén música! Sí, porque música e poesía son dúas artes que teñen moita relación entre sí. De feito, Xurxo Souto compuxo catro das seis cancións que inclue o CD que acompaña o libro.
Pincha aquí e poderás escoitar unha das cancións incluídas no CD.

miércoles, 11 de enero de 2012

A voltas co semáforo.

O pasado 16 de decembro estuvo con nós Mónica Góñez, muller polifacética onde as haxa, que tanto participa activamente na súa vila como exerce de docente nun IES de Xove ou, o que resulta aínda máis interesante, ensínanos que a poesía está presente en cada intre da nosa vida.
Quen nos ía a dicir que, a partires dun aparello tan común, se crearía un poema tan armónico.




viernes, 6 de enero de 2012

Adeus a Isaac Díaz Pardo.

O intelectual Isaac Díaz Pardo finou na mañá do día de onte despois dunha vida adicada a Galiza. Home polifacético e comprometido coa nosa terra, debe ser tomado como exemplo por todos nós.
O pasado ano recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria artística e vital. Xentes que ollan é un dos cadros que conformaron a exposición "Pinturas y fracasos", o cal se atopa no Museo de Belas Artes de A Coruña.

Descanse en paz un dos homes que máis loitou por reconstruír a cultura e a memoria de Galiza.